
16.10.09
14.10.09
O Primeiro Tenente de Alcalde e a Concellaría de Igualdade abriron esta mañá a Mesa de Concertación do Plan de Programación do Tempo da Coruña

• ESTE ACTO É UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO CO OBXECTO DE INICIAR UN PROCESO QUE CONDUZA Á IDENTIFICACIÓN DE NECESIDADES E DEMANDAS SOBRE OS USOS DO TEMPO E CONCILIACIÓN DE MULLERES E HOMES QUE SE TERÁN EN CONTA NO FUTURO PLAN DE PROGRAMACIÓN DO TEMPO DA CIDADE
• COA POSTA EN MARCHA DESTE PLAN A CORUÑA PASARÁ A FORMAR PARTE DAS CIDADES EUROPEAS Á VANGARDA EN CANTO Á SÚA PLANIFICACIÓN HORARIA
A Coruña, 14 de outubro de 2009.- O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, e a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, abriron esta mañá a Mesa de Concertación do Plan de Programación de tempo na que participarán diferentes entidades, empresas e asociacións da cidade.
Este acto supón unha primeira toma de contacto co obxecto de iniciar un proceso que conduza á identificación de necesiades e demandas sobre usos do tempo e conciliación que se terán en conta no futuro Plan de Programación do Tempo da Cidade.
É de sinalar a importancia que a este tema lle adican cidades como Barcelona, Milan ou Lyon, que contan de feito con departamentos municipais adicados exclusivamente aos usos do tempo nas súas cidades, polo que A Coruña pasará, pois, a formar parte das cidades europeas á vangarda en canto á súa planificación horaria.
A Concellaría de Igualdade, en síntonía co que están a facer noutros concellos, vai emprender un estudo cuxo obxectivo é coñecer as necesidades de mulleres e homes realtivas aos usos do tempo na cidade (desaxustes nos horarios dos centros educativos e dos traballos, funcionamento dos medios de transporte público, necesidades de flexibilidade horaria/laboral de conciliación, dotación e servizos públicos,etc.).
Trala constitución da Mesa de Concertación do Plan de Programación de Tempo da cidade realizaranse tres mesas sectoriais que terán lugar dende o 19 ata o 21 de outubro nas que están convidadas a participar diferentes entidades, empresas e asociacións do municipio da coruña dos distintos sectores.
O obxecto destas mesas sectoriais é identificar necesidades e demandas sobre os usos do tempo e conciliación de mulleres e homes nos diferentes sectores de actividade e que logo se terán en conta no Plan de Programación do Tempo da Cidade. As mesas estarán presididas pola Concelleira de Igualdade e coordinadas por unha consultora especializada en materia de igualdade.
PROGRAMA ‘CONCILIA OS TEUS TEMPOS’
A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá ten iniciado no ano 2008 un innovador programa, cofinanciaddo pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, denominado ‘Concilia os teus tempos’, que se enmarca nas medidas de conciliación municipais de promoción autonómica establecidas na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia, e sinaladamente no Decreto 182/2008, do 31 de xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación.
A segunda fase inclúe unha diagnose aplicada na que se enmarca a Mesa de concertacióndo Plan de Programación do tempo na cidade. Inclúe tamén a elaboración do Plan de Programación do tempo na cidade no que se establecerán as medidas a levar a cabo para a harmonización dos horarios e usos do tempo na cidade, tendo en conta as conclusións e acordos das Mesas de concertación.
Por último, esta segunda fase contará tamén cunha presentación pública das conclusións e acordos das Mesas e do Plan. Unha terceira fase estará adicada a posta en marcha do Plan de Programación do Tempo na cidade, seguimento e avaliación.
1.10.09
Presentación do programa de arte+parte=2

Programación arte+parte=2
Venres 30 de outubro
22:00-01:00 Proposta musical con Franc3s e Fangoria

Sábado 31 de outubro
Sala de Proxeccións:
16:30 Plan Rosebud 1: A escena do crime de Maria Ruído
18:00 Debate
18:45 Irene, a porteira de Óscar Losada
19:10 Debate
19:45 Proxecto Malawi de “Liló Producións”
20:30 Debate
Hall central
17:00-21:30 Inicio actividades e stands expositivos.
17:00-21:00 FOTOGRAFÍA : Proposta fotográfica para o público do Festival con Pequena Suricata+Exposición: Cambio de Roles
17:00-21:00 EXPOSICION DE PINTURA “Ciencia Ex-Aequo”, de Margarita Cimadevila. Presencia da autora.
17:00-21:00 AREA DE DESCANSO desenvolvida por: Ana Gallego. Arquitecta
18:00-19:30 Taller de comic a cargo de Emma Ríos
19:00-19:30 Representación Danza-Teatro Asociación Intramuros: Mozas 10 Espectáculo “Camiñando”. Coordinadora: Carlota Pérez
19:30-21:30 Obradoiro de graffitti: a artista NADA (Iria Fafián Alonso) realizará en directo unha obra e, ao mesmo tempo, desenvolverá un obradoiro onde o público asistente poderá, á súa vez, realizar outra obra-mural. Na zona de exposicións tamén poderá contemplarse a obra publicitaria do Festival que Nada realizará durante a rolda de prensa do día 30 de setembro.
19:30-21:00 Mesa redonda de encontro de artistas co público: Nesa Mesa, moderada por Anxela Caramés, coñeceremos de primeira man a experiencia artística de Ana Gallego, Margarita Cimadevila, Pilar Mingote, Lucía Roche e Luciana Touceda.
21:45-01:30 Proposta musical con Sevigny, Silvia Penide e Anni B. Sweet

Suscribirse a:
Entradas (Atom)