Mostrando entradas con la etiqueta Birloque. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Birloque. Mostrar todas las entradas

11.2.11

INICIO DO SEGUNDO CURSO DE FORMACIÓN EN MEDIACIÓN VECIÑAL


O pasado día 4 de febreiro deu comezo o segundo curso formativo para a capacitación de mediadores e mediadoras que se incorporarán ao equipo de voluntariado do Programa Convive para a resolución pacífica de conflitos veciñais.

O programa formativo, cunha duración total de 40 horas e unha metodoloxía eminentemente práctica, impártese nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, finalizando no mes de abril.
Os contidos do curso inclúen temáticas indispensables de abordar no ámbito da mediación: estilos de resolución, dinámica do conflito, comunicación, emocións, aptitudes sociais, interculturalidade ou coñecementos da Ley de Propiedad Horizontal. Todas as sesións son impartidas por profesionais altamente cualificadas e cunha dilatada experiencia neste novidoso campo de actuación.

Un total de 15 persoas farán este segundo curso, subliñando que todas elas son mulleres. Estudantes de dereito, educación social ou psicoloxía e profesionais de diferentes ramas sociais compoñen o alumnado deste grupo que reforzará nos próximos meses o equipo do Programa Convive, posibilitando unha maior flexibilidade e mellor capacidade de atención á cidadanía.

2.2.11

Imaxes do noso Centro do Birloque para a participación cidadá

Desde este Centro estan a desenvolver programas tan interesantes como o Programa CONVIVE para a mediación veciñal, así como accións formativas dirixidas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Tamén se atenden numerosas consultas veciñais en relación coa convivencia. A Guía para a convivencia nas comunidades veciñais distribúese desde este Centro. Un gran traballo do noso equipo técnico.

Está ubicado na Avenida Glasgow, 10. O Birloque. 15008. A Coruña
Teléfono: 981 189 869

24.1.11

CURSO BÁSICO DE DESEÑO DE PROXECTOS SOCIAIS


A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, no seu obxetivo de impulsa-lo tecido asociativo da cidade, ofrece a posibilidade de participar nesta acción formativa, para mellorar a capacitación das persoas que traballan nas asociacións e entidades sen ánimo de lucro da Coruña.


OBXETIVOS DO CURSO:

- Afianzar os conceptos de planificación operativa no contexto da planificación en xeral.
- Asentar a importancia da analise da realidade na definición do proxecto.
- Establecer os elementos básicos da formulación e desenvolvemento do proxecto.
- Fixar criterios para o acceso á financiación de proxectos sociais.


DESTINATARIOS: responsables de asociacions e entidades sen ánimo de lucro.


DATA DE INICIO: 23 de febreiro de 2011, en horario de tarde.


DURACIÓN: 8 horas, repartidas en tres xornadas de traballo consecutivas.


CONTIDOS:

1. O proxecto no contexto dos distintos niveis de planificación:
- a planificación
- a programación

2. O contexto:
- as convocatorias de financiadores
- a análise da realidade

3. A formulación e xestión do proxecto:
- ciclo de vida do proxecto
- metodoloxía: obxetivos, resultados agardados e actividades
- sostenibilidade do proxecto

4. O seguemento e avaliación do proxecto:
- desplegue
- avaliación
- xustificación


COSTE: NINGÚN, É TOTALMENTE GRATUÍTO



ENTREGA DE DIPLOMAS AO ALUMNADO

Na seguinte imaxe deixámosvos a folla de inscrición:

13.1.11

Descargar a Guía para a convivencia nas comunidades veciñais

A opción de descarga atópase na parte superior dereita do seguinte enlace:



Presentada a Guía para a convivencia nas comunidades veciñais


A “Guía para a Convivencia nas Comunidades Veciñais” é un pequeno manual de actuación dirixido á veciñanza da Coruña, co obxecto de mellorar a convivencia e as relacións entre as persoas que integran unha comunidade veciñal.

Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá pretendemos ofertar á cidadanía unha ferramenta informativa útil e sinxela para dar resposta a moitas dúbidas comúns que se presentan nas comunidades veciñais.

O obxectivo é poñer a disposición da cidadanía un instrumento que contribúa a favorecer a tolerancia, o civismo e o respecto entre veciños e veciñas da Coruña, axudando a evitar e resolver pacíficamente os posibles problemas ou desavinzas que xurden inevitablemente na convivencia diaria.

A “Guía para a convivencia nas comunidades de veciños e veciñas” edítase cunha doble finalidade:

 Apoiar e complementar as actuacións desenvolvidas no Programa Convive de mediación en conflitos veciñais.

 Dar resposta a unha demanda de información detectada na cidadanía coa posta en marcha deste recurso municipal de mediación.

Efectivamente, desde o inicio do Programa Convive, recíbense no Centro de Participación Cidadá do Birloque numerosas consultas relativas ao funcionamento dunha comunidade veciñal, dereitos, obrigas, axudas, normativa ou recursos dispoñibles.

A “Guía para a convivencia nas comunidades de veciños e veciñas” reune moita información útil para dar resposta a este tipo de demandas de información:

- Normativa municipal sobre ruídos o tenencia de animais domésticos.
- Mantemento de espazos comúns dos edificios.
- Identificación e evitación de condutas molestas.
- Funcionamento das comunidades de propietarios/as.
- Obrigas e dereitos de propietarios/as e inquilinos/as.
- Reformas, instalación de ascensores, axudas á rehabilitación.

As guías están xa a disposición da cidadanía para a súa consulta no Centro de Igualdade e Participación Cidadá do Birloque e na páxina web da Concellaría.

Nos próximos días farase unha distribución da publicación que incluirá:

 Asociacións veciñais da cidade.
 Outras asociacións e entidades sociais.
 Centros Cívicos, asociativos e veciñais municipais.
 Bibliotecas municipais.
 Oficina Municipal de Información al Consumidor (OMIC).
 Oficina Municipal de Rehabilitación Urbana e Vivenda (“O Porto”).
 Administracións de fincas da cidade e Colexio Oficial.


A “Guía para a convivencia nas comunidades de veciños e veciñas” complementa as actuacións levadas a cabo no marco do Programa Convive de mediación en conflitos veciñais.

O Programa Convive é un recurso municipal totalmente gratuíto, dirixido á resolución pacífica de conflitos e problemas veciñais, e que atende a cidadáns e cidadás da Coruña, maiores de idade, e sempre a título individual e particular.

O programa centralízase nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, na Avda. de Glasgow 10, donde se realiza a atención presencial ás persoas interesadas en formular unha solicitude. As solicitudes poden facerse tamén vía telefónica e a través do correo electrónico ou a páxina web da concellaría.

A decisión de optar pola mediación como forma de solucionar un problema é sempre voluntaria para ambas partes, aínda que preséntase como unha boa opción. O proceso vai ser sempre máis rápido que outras vías de resolución de conflitos e pode evitar a vía legal.

O obxectivo é buscar de forma voluntaria unha solución pacífica de maneira conciliadora sin necesidade de recurrir á xustiza, o que normalmente supón un proceso moito máis longo e costoso.

O funcionamento do Programa Convive aséntase sobre un voluntariado cualificado. Neste momento están xa traballando un grupo de 11 persoas voluntarias, formadas e capacitadas para guiar os procesos de mediación.
Cada sesión do proceso é conducida por unha parella de mediadores e as reunións lévanse sempre a cabo nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, en horario de mañá ou de tarde, segundo á dispoñibilidade e as preferencias das dúas partes en conflito.

A figura do mediador ou mediadora é neutral e imparcial, NON XULGA, nin resolve. A súa función é a de axudar ás partes a xestionar os conflitos, favorecendo a comunicación e o diálogo entre ambas as dúas partes, para que sexan elas mesmas quenes cheguen á mellor solución.

No próximo mes de febreiro comenzará a impartirse un novo curso de formación en mediación veciñal, co obxecto de ampliar o equipo de mediadores e mediadoras do programa e ofrecer unha atención a cidadanía o máis flexible posible.

Este curso formativo é gratuíto e non se exise unha formación académica específica para formar parte do alumnado. A formación, moi práctica, é impartida por un grupo de profesionais en mediación e capacita ás persoas participantes para actuar como mediadoras.


DATOS DO PROGRAMA:

Dende o momento en que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá puxo en marcha este recurso, a finais do mes de setembro, atendéronse numerosas consultas telefónicas demandando información sobre o Programa Convive e problemas de convivencia en comunidades veciñais.

A data de hoxe, temos recibido 17 solicitudes formalizadas para iniciar proceso de mediación. Destes procesos, 8 xa están pechados e 9 continúan en proceso. Os datos concretos son os seguintes:

 6 procesos de mediación resoltos con éxito mediante acordos de resolución.
 1 caso considerado non mediable por estar fora da competencia do programa.
 1 caso pechado porque unha das partes non accedeu a participar na mediación.
 9 procesos de mediación continúan abertos, pendentes de resolución.

Non hai un perfil determinado das persoas usuarias deste recurso. Aténdense tanto homes como mulleres de distintas idades. No que se refire a orixe, a maioría trátase de persoas de nacionalidade española e só nalgún caso aparecen implicadas persoas de nacionalidade estranxeira.

Segundo os datos de que dispomos, non existe unha zona ou un barrio da cidade donde existan maior número de conflitos. As 17 solicitudes repártense entre diferentes zonas da Coruña. Non hai ningunha coincidencia.

En canto á natureza dos conflitos, os ruídos molestos e a deshoras sitúanse claramente á cabeza dos problemas manifestados polas persoas usuarias. De feito, 10 das solicitudes de mediación veciñal foron por problemas deste tipo.

O resto dos conflitos manifestados foron por temas de salubridade e desacordos en canto a elementos comúns da comunidade veciñal.

7.9.10

As primeiras solicitudes de Mediación Veciñal chegan ao noso Departamento


Están a chegar ao nosa Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá as primeiras peticións de veciños e veciñas da nosa cidade para solicitar a intervención do noso equipo de Mediación Veciñal.

A campaña de difusión deste programa comezará a semana que vén, polo que estas solicitudes indican o interese enorme que espertou esta posibilidade de mediación que ofrece o Concello da Coruña.

Para contactar e informarse dos pasos necesarios para solicitala, podedes chamar ao 981 189 869, através da web de Igualdade e Participación ou en Mediación Veciñal dentro de coruna.es/participacion.

Tamén podes dirixirte ao Centro do Birloque da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.


Tamén podedes enviar un email a participacion@coruna.es

Ver noticia no Ideal Gallego

.

9.7.10

REMATA A FORMACIÓN DO PRIMEIRO EQUIPO DE MEDIACIÓN EN CONFLITOS VECIÑAIS DA CORUÑA



O día 7 de xullo rematou a formación dos voluntarios e voluntarias que formarán o equipo de mediación en conflitos veciñais, recurso que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá porá en marcha no mes de setembro.

O proceso formativo dos futuros mediadores e mediadoras veciñais deu comezo no mes de maio, abordando temáticas sobre emocións, comunicación, resolución de conflitos, lexislación e, neste último módulo, sobre a mediación veciñal en contextos interculturais.

Na formación, impartida por profesionais de recoñecido prestixio, empregouse unha metodoloxía totalmente participativa, co obxecto de capacitar ao alumnado para as futuras actuacións nos procesos de resolución de conflictos veciñais.

Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá queremos dar as gracias a Alba, Alfredo, Carmen, Inma, Juan, Luis, Manuel, Merce, Mercedes, Pablo e Rosa pola súa implicación neste proxecto e polo gran traballo que están realizando.

Subliñar que todas estas persoas forman un magnífico grupo de mediadoras e mediadores veciñais, e serán quenes formen parte da primeira equipa voluntaria-profesionalizada do programa.

17.3.10

Un ano xa.......

Aquí vai un vídeo realizado polo noso equipo técnico para conmemorar un ano de actividades difundidas polos nosos blogs, especialmente o de Igualdade Coruña. Esperemos que vos guste!!!!




11.3.10

Ultimando os preparativos para a apertura do Centro Social do Birloque, dependente da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá da Coruña


A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá ten previsto abrir nos próximos días un Centro Social no Birloque, onde se desenvolverán diversas actividades tanto de participación cidadá e veciñal como as propias da área de igualdade.

Debemos lembrar que este Centro, coñecido como CIAM (Centro de Información e Asesoramento ás Mulleres) dependeu durante moitos anos do Servizo Galego de Igualdade, recentemente finiquitado polos actuais xestores da Xunta de Galicia, e nel prestouse un servizo tan necesario como foi o asesoramento legal e psicolóxico a mulleres vítimas de violencia de xénero.


Acceso ao Centro desde a Avenida Glasgow (número 10), xusto ao lado da marquesina do bus urbano.


Durante o ano 2009, a nosa Concellaría conseguiu acreditar por vez primeira o novo CIM (Centro de Información ás Mulleres) da Coruña, pertencente ao noso departamento, no edificio ubicado na rúa Hortensias s/n do Barrio das Flores. Era esta unha demanda histórica dos sectores sociais máis vencellados e preocupados pola situación de desamparo na que moitas veces se atopan as mulleres vítimas de violencia e os seus fillos ou fillas.

Os cambios na cartelería exterior e a continuada entrada de persoas traendo e levando mobiliario e equipamentos espertou xa a curiosidade das veciñas e veciños do barrio. Estamos seguros de que as actividades que alí se desenvolvan servirán como un grande activo social en toda esa área urbana da Coruña.


Entrada lateral ubicada na contrafachada oeste do Centro.


Así, entre este novo Centro, sumado ao CIM do Barrio das Flores, ao Centro Cívico e Social de Mesoiro, onde contaremos cunha importante liña de xestión, e á futura Casa das Mulleres, que se ubicará no Parque do Observatorio, quedará perfectamente conformada unha rede de centros ao servizo das políticas de Igualdade e Participación Cidadá.

Sobre as actividades que desenvolveremos no Birloque, así como en Novomesoiro, e sobre a futura Casa das Mulleres, falaremos en próximos días.


Un dos despachos dos que dispón o Centro.



Lugar onde se ubicará o servizo de Consexería.



Panorámica do Salós de Actos e Actividades.



Outra vista deste espazo, aínda pendente dalgunhas melloras.