4.4.09

Benvid@s ao Blog para a Participación Cidadá do Concello da Coruña



Desde a Concellería de Igualdade e Participación Cidadá (I+PC) do Concello da Coruña queremos darvos a benvida a este Blog "Participación Coruña". Pretendemos, moi humildemente, poñernos ao seu servizo como un posible vehículo transmisor das inquedanzas cidadás así como un termómetro que, sen ánimo de suplantar a representatividade conxunta da cidadanía estea esta organizada ou non, mida o latexo do sentir diario das coruñesas e coruñeses. Tan só se deben cumprir dos requisitos: a liberdade e o respecto.


Neste blog non só poderedes recibir toda a información sobre as actividades desta Concellaría, sinaladamente as relativas á área de Participación, se non que contemplaremos calquera nova de incidencia cidadá que poida vehiculizar, tamén, as opinións, queixas e suxestións xa que todas as persoas que habitamos esta marabillosa pero non perfecta cidade da Coruña temos e presumimos de exercer o dereito tanto a opinar como a ser tid@s en conta independentemente do seu sexo, idade, cultura, ideoloxía, raza, relixión ou procedencia.


Animámosvos, ademais, a participar en todas as enquisas abertas que iremos colgando na barra lateral dereita para coñecermos, de primeira man, o voso sentir a respecto de todas aquelas circustancias que, ben de xeito positivo ou ben de xeito negativo, inciden na percepción e no benestar do conxunto de cidadáns e cidadás que formamos e conformamos a nosa cidade. Agardámosvos neste voso blog. Unha aperta e ata sempre.




4 comentarios:

  1. Reichell2/5/09, 0:32

    Muy bonito, la verdad. Tenéis que poner más fotos.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Reichell. Faremos algo con iso....moi pronto.

    ResponderEliminar
  3. poderiades publicar as conclusións das mesas de traballo?Grazas

    ResponderEliminar
  4. Envíanos un correo electrónico desde o Buzón de MARGARIDA que tes á túa dereita e recibirás unha Memoria completa de todo o proceso do Foro de Participación Cidadá do Concello da Coruña que inclúe, por suposto, as conclusións das Mesas de traballo.

    ResponderEliminar