O primeiro tenente de alcalde propón a elaboración dun proxecto de rehabilitación integral para o barrio de Pedralonga
ESTE PROXECTO INCLUIRÍASE NOS FONDOS FEIL DO PRÓXIMO ANO PARA A SÚA REALIZACIÓN
HENRIQUE TELLO E A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, MARGARIDA VÁZQUEZ, VISITARON O BARRIO ACOMPAÑADOS DOS VECIÑOS
A Coruña, 14 de maio de 2009- O primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, acompañado da concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, visitaron esta mañá o barrio de Pedralonga acompañados de veciños e veciñas da zona que lles trasmitiron as súas inquedanzas e reivindicacións de melloras para o barrio, entre as que destacaron especialmente os problemas de rotulación das rúas e os problemas de inseguridade viaria.
O primeiro tenente de alcalde comprometeuse cos veciños a trasladar as súas peticións as persoas responsables de cada área para que se arranxen canto antes estas cuestións onde, nalgúns casos, se trata de temas simples como a rotulacións das rúas pero que noutros casos, como o do tráfico, requiren dunha intervención máis urxente debido á perigosidade que representa tanto para os coches como para os peóns.
Por iso, Henrique Tello apuntou a necesidade de instalar algún tipo de elemento que impida que os coches circulen “de forma irresponsable” a velocidades superiores á permitida na estrada principal de Pedralonga, que poden pasar dende a intalación dun paso de peóns ou bandas rugosas na zona.
Outro dos temas destacados polos veciños foi o relativo ao lavadoiro existente no barrio onde o primeiro tenente de alcalde destacou a importancia de evitar “por enriba de todo” que se convirta nunha zona de marxinalidade, algo no que xa se está a traballar incrementando a vixilancia policial na zona, algo que os mesmos veciños, comentaron, está a dar froitos.
A concelleira de Igualdade e Participación Cidada, Margarida Vázquez sinalou a preocupación dos veciños por determinadas actuacións dun grupo de menores do barrio que asegurou “pouco a pouco se está a solucionar” aínda que explicou que se trata dun problema que requiere algo de tempo xa que require da intervención dos servizos municipais xa que se trata de menores de idade.
Proxecto de Rehabilitación Integral para Pedralonga
O primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, anunciou a elaboración dun proxecto de rehabilitación integral para o barrio de Pedralonga co obxectivo de ter redactado o proxecto de cara a podelo incluír nas partidas dos fondos Feil, que probablemente existan tamén o próximo ano.
Deste modo poderíase realizar unha actuación conxunta e integral para un barrio que vén medrando dun xeito desestruturado e no que na actualidade conveven, tanto a poboación tradicional como bolsas de novos habitantes. Recoñécese a necesidade de investir en infraestruturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario