16.6.09

Éxito de participación na I Xornada do Deporte Feminino na Rúa celebrada o domingo nos Xardíns de Méndez Núñez!!!!!!


A Coruña, 14 de xuño de 2009- Os Xardíns de Méndez Núñez acolleron durante toda a mañá do domingo a celebración da I Xornada do Deporte Feminino na Rúa, impulsada polas concellarías de Igualdade e Participación Cidadá, que dirixe Margarida Vázquez, e Deportes, dirixida por Xan Caxigal, en colaboración con MUDEGA ( Mulleres Deportistas Galegas ).

Unha xornada que contou cunha participación multitudinaria tanto de participantes como de espectadores que puideron desfrutar de exhibicións e encontros deportivos dunha grande variedade de disciplinas deportivas como judo, taekwondo, baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol-sala, duatlón, boxeo, rubgy...

As distitntas exhibicións deportivas correron a cargo de mulleres deportistas galegas de clubes como como Calasancias, Zalaeta, Marineda, Orzán, Amarelle, Rugby da UdC, Balonmán Coruña ou Breogán, así como as diferentes federacións galegas de judo, Taekwondo, Triatlón e Pentatlón, Boxeo e Halterofilia e contaron con participacións destacadas como da ciclista Eva Castro.

Todas estas disciplinas contaban co seu espazo propio de exhibición, ao dividir os organizadores a explanada dos Xardíns en seis zonas de actividade, entre as que se encontra a Zona 5: unha Xaima pensada para disfrutar dunha exposición fotográfica titulada “Deportistas Coruñesas” e de varios vídeos sobre deporte feminino.

Durante esta primeira xornada de deporte Feminino entregouse ademais os primeiros cinco trofeos “Pioneiras do Deporte Coruñés” que foron entregados por O alcalde, Javier Losada, o Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Maragrida Vázquez Veras, o Concelleiro de Deportes Xan Martínez Caxigal, xunto das representantes da xunta directiva de MUDEGA.

As galardonadas foro: Ángela Rodríguez Piñón (Baloncesto); Mari Carmen Rubio (Hockei Herba e Sala); Lis Franco (Fútbol e Fútbol Sala); Ángeles Barreiro (Atletismo-Lanzadora); e María Vieites (Balonmán).

Esta I Xornada de Deporte Feminino serviu tamén para apoiar a candidatura da Torre de Hércules a patrimonio da humanidade con reparto de camisetas co lema ‘Eu apoio’ ademais de camisetas conmemorativas do acontecemento coas que se agasallou a todos os participantes.


Trofeos “Pioneiras do Deporte Coruñés”

· ANGELA RODRÍGUEZ PIÑÓN (BALONCESTO)

Xogadora dos 3 clubes que tivo A Coruña en División de Honra. (Medina, Tabacalera e Autopistas Compañía de María).

· Mellor Xogadora Provincial. Temporada 1984/85.

Adestradora Autopistas División de Honra Feminina.

Adestradora "Programa Infantil Feminino". FEB. 1.991/92

Mellor Deportista Galega. Temporada 1993

Medalla de Ouro, Campeona de Europa coa Selección Española Absoluta. Perugia (Italia). 1.993.

Medalla de Prata, Campeona de Europa coa Selección Española Junior. Bulgaria. 1.994

Adestradora Selección Senior Promesas. Biescas. (Huesca). 1.995.


· MARI CARMEN RUBIO (HOCKEi HERBA E SALA)

· Xogadora-porteira do Santa Lucía de hockei herba e sala.

· 5 veces campeona de España

· 3 veces subcampeona

· Seleccionadora galega sub-18 masculina

· Seleccionadora galega sub-16 feminina

· Adestradora do Hércules e Adaxe masculino e feminino


· LIS FRANCO (FÚTBOL E FÚTBOL SALA)

· Xogadora e máxima goleadora do Karbo Deportivo

· 5 veces Campeona de España

· Internacional Absoluta

· Seleccionadora galega de fútbol sala feminino

· Campeona da Copa da Raíñaa de fútbol sala feminino

· Xornalista deportiva


· ANGELES BARREIRO (ATLETISMO-LANZADORA)

· Campeona de España de lanzamento de disco entre os anos 1982 e 1993 ininterrumpidamente

· En 1992 logra a que aínda hoxe é a mellor marca española, 60.56 metros.

· Mundialista en Tokio 91

· Olímpica en Barcelona 92

· Participou en 8 Xogos Iberoamericanos

· 40 veces internacional absoluta


· MARIA VIEITES (BALONMÁN)

· Xogadora do Medina provincial 71-74

· Xogadora do Medina Nacional de División de Honra de 1974 a 1982

· Xogadora do Oar Ciudad de División de Honra 82-83

· Mellor xogadora provincial os anos 76 e 77

· Ouro nos Xogos do Cantábrico

· 10 veces internacional absoluta



No hay comentarios:

Publicar un comentario