27.8.09

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá realizou un total de 92 obradoiros en centros escolares nos que participaron 1.800 rapaces e rapazas



• NESTE NOVO CURSO A CONCELLARÍA AMPLÍA A OFERTA CUN OBRADOIRO SOBRE FEMINISMO E IGUALDADE DE TRATO E OPORTUNIDADES E UNHA ACTIVIDADE DE EXPO-FORUM

A Coruña, 26 de agosto de 2009.- Un total de 1.792 rapaces e rapazas de 23 centro educativos da cidade participaron durante o pasado curso escolar nos 92 obradoiros realizados dentro do Programa educativo de Igualdade impulsado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez enmarcado dentro do programa municipal ‘Aprende en Coruña’.

Os obradoiros que se realizaron durante o pasado curso foron os seguintes:

- Educación para Igualdade e a Convivencia: ‘Diferentes pero iguais’- traballarase na adquisición de valores e actitudes conducentes á igualdade de trato e oportunidades entre as nenas e os nenos.

- Educación para a igualdade de Xénero na preadolescencia: ‘Catro dones para a igualdade’: o obxectivo xeral céntrase en promover valores e actitudes igualitarios e non discriminatorios por razón de sexo/xénro que contribúan a sentar as bases dunha convivencia en igualdade.
- Sensibilización para a prevención da violencia de xénero: ‘Somos dous, eu tamén conto’- a finalidade é facilitar a toma de conciencia dos/as adolescentes respecto dunha problemática social como é a violencia de xénero.

- Educación afectivo-emocional e sexual: ‘tantas cores como afectos’- trátase de habilitar un espazo onde poder abordar con liberdade e nun clima de confianza aspectos vencellados á afectividade e á sexualidade, aportando información e promovendo actitudes preventivas e saudábeis desde unha perspectiva de xénero.

Outra das actividades incluidas neste programa era a exposición intinerante ‘Desenfocadas: imaxe feminina nas revistas dirixidas ás rapazas novas’ que o longo do ano visitou os centros IES Rafael Dieste, IES Rafael Puga Ramón (cunha visita guiada na que participaron 68 mozos e mozas) e o IES Monelos ademáis do centro Cívico Labañou e o Centro Xuvenil Abeiro.
A oferta de obradoiros e actividades amplíase para o curso 2009-10

De cara o próximo curso escolar que está a piques de comezar a Concellaría de Igualdade ofertará novamente estes obradoiros e para elo abrirá o próximo 15 de setembro o prazo de inscripción ata o 15 de outubro.

A oferta deste ano suma aos obradoiros ofertados o ano pasado, un máis dirixido a alumnos e alumnas de bacharelato e que baixo o nome ‘Feminismo e Igualdade de trato e oportunidades: realmente xa somos iguais?’ busca visibilizar o papel das mulleres na historia, facendo especial fincapé, e de xeito transversal ao longo de todo o obradoiro, no papel das mulleres galegas.

No obradoiro contextualizarase o xurdimento e evolución dos movementos feminiastas rompendo os mitos e concepcións negativas sobre a natureza, obxectivos e logros. Tratarase de visibilizar as dobles e triples opresións que sofren as mulleres cando se analiza o cruce de xénero coa clase social, a procedencia ou nacionalidade así como os xeitos específicos destas opresións polo feito de ser mulleres.

Así, nun contexto de igualdade formal, buscarase que os/as participantes agudicen a ollada crítica para identificar os xeitos que seguen vixentes respecto á discriminación feminina e as novas formas que adopta o machismo e o patriarcado nas sociedades occidentais.
Este ano o programa contará novamente coa exposición itinerante ‘Desenfocadas: imaxe feminina nas revistas dirixidas a rapazas novas’ a que se suma a actividade de Expo-forum sobre o traballo visíbel das coruñesas dos séculos XVIII á primeira metade do XX gracias a dixitalización da documentación do Arquivo Municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario