O vindeiro 4 de outubro dan comezo os primeiros cursos de informática gratuítos, dirixidos a persoas que integran o tecido asociativo da cidade da Coruña. Este programa formativo nace como resposta a varias necesidades. Por unha banda, a Concellería de Igualdade e Participación Cidadá promoveu unha consulta entre as asociacións e entidades sen fin de lucro da cidade sobre as necesidades e preferencias formativas, destacando a priorización dos cursos de informática, sobre todo, dentro do ámbito das asociacións veciñais.
Ademáis, nas mesas de concertación celebradas nestes últimos meses dentro do Plan de Programación do Tempo na Cidade da Coruña, nas que participaron persoas representantes de todos os ámbitos da cidadanía, apareceu de forma continuada unha demanda sobre a necesidade de coñecer e utilizar as posibilidades da administración electrónica para reducir, tanto tempos de desprazamentos innecesarios, como tempos adicados a xestións administrativas.
Deste xeito, enténdese como imprescindible o dominio das novas tecnoloxías e constátase a necesidade de abordar medidas específicas para fomentar a alfabetización nas TIC’s entre a cidadanía da Coruña, principalmente, entre as persoas con menores posibilidades de acceso a elas.
Para dar resposta a esta necesidade, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá oferta o curso de formación “Alfabetización dixital e Administración Electrónica”, de 30 horas de duración e totalmente gratuíto, dirixido ás entidades veciñais e asociativas da cidade da Coruña.
A formación impartida dentro do curso inclúe, ademáis da capacitación informática e a utilización da e-administración, unha completa información acerca dos recursos dispoñibles en internet, e a forma de utilizalos, incluindo os espazos web municipais do Concello da Coruña.
Os cursos prográmanse en diferentes barrios da cidade co obxecto de facilitar a asistencia a todas as persoas interesadas nesta formación, evitando no posible que teñan que facer grandes desprazamentos para asistir ao curso.
Os primeiros cursos impártense segundo o seguinte calendario:
• Federación de Asociacións Veciñáis da Coruña e Área Metropolitana: Dúas quendas, en horario de mañá e de tarde, do 4 ao 27 de outubro.
• AECO, Asociación de Empresarias Coruñesas: Do 4 ao 27 de outubro, en horario de tarde.
• Asociación Veciñal de Eiris “Uxío Carré”: Do 13 de outubro ao 3 de novembro en horario de tarde, no Centro Cívico de Eirís.
• Centro Social Sagrada Familia: Do 13 de outubro ao 3 de novembro en horario de tarde.
O programa formativo seguirá desenvolvéndose noutras entidades para chegar á maior parte da cidadanía que esté interesada en participar nesta iniciativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario