A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, no seu obxetivo de impulsa-lo tecido asociativo da cidade, ofrece a posibilidade de participar nesta acción formativa, para mellorar a capacitación das persoas que traballan nas asociacións e entidades sen ánimo de lucro da Coruña.
OBXETIVOS DO CURSO:
- Afianzar os conceptos de planificación operativa no contexto da planificación en xeral.
- Asentar a importancia da analise da realidade na definición do proxecto.
- Establecer os elementos básicos da formulación e desenvolvemento do proxecto.
- Fixar criterios para o acceso á financiación de proxectos sociais.
DESTINATARIOS: responsables de asociacions e entidades sen ánimo de lucro.
DATA DE INICIO: 23 de febreiro de 2011, en horario de tarde.
DURACIÓN: 8 horas, repartidas en tres xornadas de traballo consecutivas.
CONTIDOS:
1. O proxecto no contexto dos distintos niveis de planificación:
- a planificación
- a programación
2. O contexto:
- as convocatorias de financiadores
- a análise da realidade
3. A formulación e xestión do proxecto:
- ciclo de vida do proxecto
- metodoloxía: obxetivos, resultados agardados e actividades
- sostenibilidade do proxecto
4. O seguemento e avaliación do proxecto:
- desplegue
- avaliación
- xustificación
COSTE: NINGÚN, É TOTALMENTE GRATUÍTO
ENTREGA DE DIPLOMAS AO ALUMNADO
Na seguinte imaxe deixámosvos a folla de inscrición:
Bos dias :
ResponderEliminarGostariame saber si o curso é só para xente empadroada dentro do Concello da Coruña ou si podería participar xente dos arredores.
Un saúdo
Boas tardes! Gustaríame saber se pode realizar este curso alguén que non pertenza a algunha asociación nin entidade sen ánimo de lucro, é dicir, se está aberto á poboación xeral. Grazas
ResponderEliminarMe encantaría participar, si fuera a distancia y en castellano. Por lo que pude entender resulta muy interesante. Igual felicitaciones por hacer gratuitamente estas cosas.
ResponderEliminarO Curso vai dirixido unicamente a persoas que traballan ou colaboran en asociacións e entidades sen ánimo de lucro e de responsabilidade social, que desenvolvan o seu traballo no Concello da Coruña. En todo caso, se queredes máis información ou contactar co noso Centro de participación do Birloque, que é desde onde se coordinan este tipo de actividades, podedes chamar ao 981 189 869.
ResponderEliminar