A “Guía para a Convivencia nas Comunidades Veciñais” é un pequeno manual de actuación dirixido á veciñanza da Coruña, co obxecto de mellorar a convivencia e as relacións entre as persoas que integran unha comunidade veciñal.
Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá pretendemos ofertar á cidadanía unha ferramenta informativa útil e sinxela para dar resposta a moitas dúbidas comúns que se presentan nas comunidades veciñais.
O obxectivo é poñer a disposición da cidadanía un instrumento que contribúa a favorecer a tolerancia, o civismo e o respecto entre veciños e veciñas da Coruña, axudando a evitar e resolver pacíficamente os posibles problemas ou desavinzas que xurden inevitablemente na convivencia diaria.
A “Guía para a convivencia nas comunidades de veciños e veciñas” edítase cunha doble finalidade:
Apoiar e complementar as actuacións desenvolvidas no Programa Convive de mediación en conflitos veciñais.
Dar resposta a unha demanda de información detectada na cidadanía coa posta en marcha deste recurso municipal de mediación.
Efectivamente, desde o inicio do Programa Convive, recíbense no Centro de Participación Cidadá do Birloque numerosas consultas relativas ao funcionamento dunha comunidade veciñal, dereitos, obrigas, axudas, normativa ou recursos dispoñibles.
A “Guía para a convivencia nas comunidades de veciños e veciñas” reune moita información útil para dar resposta a este tipo de demandas de información:
- Normativa municipal sobre ruídos o tenencia de animais domésticos.
- Mantemento de espazos comúns dos edificios.
- Identificación e evitación de condutas molestas.
- Funcionamento das comunidades de propietarios/as.
- Obrigas e dereitos de propietarios/as e inquilinos/as.
- Reformas, instalación de ascensores, axudas á rehabilitación.
As guías están xa a disposición da cidadanía para a súa consulta no Centro de Igualdade e Participación Cidadá do Birloque e na páxina web da Concellaría.
Nos próximos días farase unha distribución da publicación que incluirá:
Asociacións veciñais da cidade.
Outras asociacións e entidades sociais.
Centros Cívicos, asociativos e veciñais municipais.
Bibliotecas municipais.
Oficina Municipal de Información al Consumidor (OMIC).
Oficina Municipal de Rehabilitación Urbana e Vivenda (“O Porto”).
Administracións de fincas da cidade e Colexio Oficial.
A “Guía para a convivencia nas comunidades de veciños e veciñas” complementa as actuacións levadas a cabo no marco do Programa Convive de mediación en conflitos veciñais.
O Programa Convive é un recurso municipal totalmente gratuíto, dirixido á resolución pacífica de conflitos e problemas veciñais, e que atende a cidadáns e cidadás da Coruña, maiores de idade, e sempre a título individual e particular.
O programa centralízase nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, na Avda. de Glasgow 10, donde se realiza a atención presencial ás persoas interesadas en formular unha solicitude. As solicitudes poden facerse tamén vía telefónica e a través do correo electrónico ou a páxina web da concellaría.
A decisión de optar pola mediación como forma de solucionar un problema é sempre voluntaria para ambas partes, aínda que preséntase como unha boa opción. O proceso vai ser sempre máis rápido que outras vías de resolución de conflitos e pode evitar a vía legal.
O obxectivo é buscar de forma voluntaria unha solución pacífica de maneira conciliadora sin necesidade de recurrir á xustiza, o que normalmente supón un proceso moito máis longo e costoso.
O funcionamento do Programa Convive aséntase sobre un voluntariado cualificado. Neste momento están xa traballando un grupo de 11 persoas voluntarias, formadas e capacitadas para guiar os procesos de mediación.
Cada sesión do proceso é conducida por unha parella de mediadores e as reunións lévanse sempre a cabo nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, en horario de mañá ou de tarde, segundo á dispoñibilidade e as preferencias das dúas partes en conflito.
A figura do mediador ou mediadora é neutral e imparcial, NON XULGA, nin resolve. A súa función é a de axudar ás partes a xestionar os conflitos, favorecendo a comunicación e o diálogo entre ambas as dúas partes, para que sexan elas mesmas quenes cheguen á mellor solución.
No próximo mes de febreiro comenzará a impartirse un novo curso de formación en mediación veciñal, co obxecto de ampliar o equipo de mediadores e mediadoras do programa e ofrecer unha atención a cidadanía o máis flexible posible.
Este curso formativo é gratuíto e non se exise unha formación académica específica para formar parte do alumnado. A formación, moi práctica, é impartida por un grupo de profesionais en mediación e capacita ás persoas participantes para actuar como mediadoras.
DATOS DO PROGRAMA:
Dende o momento en que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá puxo en marcha este recurso, a finais do mes de setembro, atendéronse numerosas consultas telefónicas demandando información sobre o Programa Convive e problemas de convivencia en comunidades veciñais.
A data de hoxe, temos recibido 17 solicitudes formalizadas para iniciar proceso de mediación. Destes procesos, 8 xa están pechados e 9 continúan en proceso. Os datos concretos son os seguintes:
6 procesos de mediación resoltos con éxito mediante acordos de resolución.
1 caso considerado non mediable por estar fora da competencia do programa.
1 caso pechado porque unha das partes non accedeu a participar na mediación.
9 procesos de mediación continúan abertos, pendentes de resolución.
Non hai un perfil determinado das persoas usuarias deste recurso. Aténdense tanto homes como mulleres de distintas idades. No que se refire a orixe, a maioría trátase de persoas de nacionalidade española e só nalgún caso aparecen implicadas persoas de nacionalidade estranxeira.
Segundo os datos de que dispomos, non existe unha zona ou un barrio da cidade donde existan maior número de conflitos. As 17 solicitudes repártense entre diferentes zonas da Coruña. Non hai ningunha coincidencia.
En canto á natureza dos conflitos, os ruídos molestos e a deshoras sitúanse claramente á cabeza dos problemas manifestados polas persoas usuarias. De feito, 10 das solicitudes de mediación veciñal foron por problemas deste tipo.
O resto dos conflitos manifestados foron por temas de salubridade e desacordos en canto a elementos comúns da comunidade veciñal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario