Podemos comezar dicindo que o tempo non acompañou, como estaba xa advertido, mais os ánimos das persoas que prepararon con tanto mimo esta cita tampuco decaeu. Parabéns á Asociación e, sobre todo, a Fernando e Esther.
Non vos perdades esta reportaxe gráfica con vídeos incluídos. Teremos baile coreografiado, visitas oficiais de representantes municipais -Losada, Tello, Margarida e Lareo- e dous pallasos moi particulares!!!!!
A comparsa do barrio sae do Centro Cívico e comeza a colocarse de cara á súa actuación.
Organizando.....
Quique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde, e Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación, observan atentamente os movementos previos da comparsa. Vai frío e ameaza chuvia.
O esperado desfile. Michael Jackson in memoriam......
O fotógrafo "oficial" da Asociación de Veciños saca toda a súa artillería. Un indio, un punki e un bucaneiro andan á espreita.
Os soportais abarrotados pola chuvia. O Alcalde, xunto con Esteban Lareo, atópase con Quique Tello e Margarida. Unha pallasa moi especial adícanos un baile.
Os responsables de todo isto, Fernando e Esther, esteban moi contentos.
Sae a primeira tanda de filloas solidarias preparada polos alumnos da Escola de Hostelería San Juan, da Coruña. Estaban ben boas.
En definitiva, que todo estivo moi ben. A segunte ocasión esperemos contar con mellor climatoloxía. Xa para daquela estará próxima a primavera. Ah...e probamos o polbo na carpa da "Pulpeira de Melide"!
No hay comentarios:
Publicar un comentario