A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá e a Asociación de Veciños dos Rosales presentan unha edición máis, a terceira xa, da Feira de produtos ecolóxicos e naturais Mercanatura, que se celebrará este sábado 20 de 10:30 a 15:00 horas nas proximidades da Praza Elíptica. Esta edición estará capitalizada polas celebracións de entroido que estamos a celebrar estes días na nosa cidade e comarca.
Para tal fin, achegamos o programa que está previsto desenvolver ao longo desa mañá.
Programación:
10.30 h.: apertura de Mercanatura.
11.00 h.: Obradoiros de disfraces e maquillaxe. (Trataríase de axudar aos nenos a confeccionar disfraces de froitas, verduras e animais a partir de bolsas plásticas, cartulinas e papeis de cores, así como de maquillalos adecuadamente).
12.00 h: apertura do stand de venda da “Filloa Solidaria” (cuxos beneficios van destinados aos damnificados do terremoto de Haití), a cargo de alumnos da Escola de Hostelería San Javier, da Coruña.
12.00 h.: concentración das comparsas na entrada da Praza Elíptica e inicio do desfile pola r/ Manuel Azaña ata a r/ Rodríguez Castelao (e volta á Praza Elíptica).
13.00 h.: rota do tapeo carnavaleiro e verbena amenizada polo Dúo Café.
15.00 h.: clausura de Mercanatura e da festa.
Nota: de contar cunha climatoloxía propicia todos os actos festivos terían lugar na Praza Elíptica. De no ser así, pasarían a celebrarse no Centro Cívico.
Temos que sinalar o agradecemento dos organizadores á Escola de Hostelería San Javier por ter "cedido" dous alumnos para a realización das filloas solidarias de cara a paliar, na medida do posible, as necesidades das persoas damnificadas polo desastre de Haití.
No hay comentarios:
Publicar un comentario