• A INTERVENCIÓN ENMARCASE DENTRO DO MUAU (MUSEO URBANO DE ARTE URBANA) NO QUE PARTICIPAN AS CONCELLARÍAS DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, TURISMO E CULTURA E A FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
• A CONCELLEIRA MARGARIDA VÁZQUEZ PRESENTOU ESTA MAÑÁ A ACTIVIDADE ACOMPAÑADA DA ARTISTA RECÉN CHEGADA DENDE CIDADE DO CABO
• CON ESTA INTERVENCIÓN BÚSCASE POR UNHA BANDA REHABILITAR MEDIANTE Á ARTE ESPACIOS URBANOS NON BARRIO TAN SIGULAR COMO O BARRIO DAS FLORES AO MESMO TEMPO QUE SE VISIBILIZA O PAPEL DA MULLER DENTRO DUNHA DISCIPLINA ARTÍSTICA MOI MASCULINIZADA
A Coruña, 11 de maio de 2009.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez presentou esta mañá a intervención que a artista urbana Faith47 realizará desde hoxe mesmo no barrio das Flores e coa que se perseguen dous obxetivos. Por unha banda rehabilitar mediante á arte espacios urbanos nun barrio singular, e por outra elexindo que fose unha muller recoñecida internacionalmente a protagonista desta acción dentro dunha disciplina artística moi masculinizada.
A rolda de prensa desenvolveuse nun ton optimista e desenfadado. En primeiro plano, Faith47 e Margarida Vázquez. Ao fondo, o muro que a artista sudafricana rehabilitará
A Concelleira estivo acompañada durante a presentación da propia artista quen comezará esta mesma tarde a preparar o muro no que vai intervir e que durante tres días estará traballando no mesmo.
Deste xeito e dende Cidade do Cabo chega á Coruña Faith47, unha artista extraordinaria cun talento que non pode ser engaiolado ou limitado. Dende os ladrillos ao lenzo, esta artista polifacética desprega a súa arte nas fábricas abandonadas, nas rúas secundarias e nos cotrosos centros das cidades. Na Coruña pintará un mural no Barrio das Flores, na rúa Petunias (diante do Polideportivo Municipal).
Faith47 busca o ton da tinta que vai directamente ao corazón. O seu traballo é una fixación, a fusión dos xestos máis intimamente fráxiles e sutís cunha escuridade crúa e violenta. Fluíndo dende as rúas ás galerías cun sentido intencional. Faith viaxa por todas partes a través da súa arte, pero vive en Sudáfrica, onde a terra é de cor vermello e o seu sangue síntese incómoda pero tranquilamente nerviosa. Declara que ela é de Sudáfrica ata a medula: "as miñas raíces están aquí, pero eu non creo no patriotismo. Sudáfrica, é un país moi complexo, que podería levar varias vidas entendelo. É moi fermosa, e a xente de aquí é moi dura, como ninjas, con grandes corazóns”.
A presentación contou con numerosos medios de comunicación pese ao alonxado do espazo escollido: a rúa Petunias do Barrio das Flores
Aínda que o traballo desta artista é unha expresión do seu proceso persoal, é un traballo de diálogo con quen a mira, aínda que o seu obxectivo non é comunicar, cuestionar ou desafiar aos que presencian a súa arte.
O programa MUAU (Museo Urbano de Arte Urbana) arrancou o pasado mes de abril e durante tres meses nos que as rúas e barrios, salas de exposicións, salas de cine, foros de debate e talleres da Coruña acollerán aos máis importantes artistas da arte urbana, os que están a redefinila a nivel internacional, mostrando outro xeito de crear, sempre coa rúa como elemento vertebrador e imprescindible do seu discurso. Tres meses nos que adultos, nenos e nenas están a asistir a intervencións nas rúas, exposicións, foros de formación con obradoiros, un ciclo de cine e actuacións musicais.
Un amplio programa de primera calidade que inclúe nomes de prestixio a nivel internacional que sitúan á Coruña como o epícentro da arte urbana a nivel estatal.
Pese aos pésimos pronósticos sobre o tempo na Coruña, a primavera saudou Faith47 motivándoa aínda máis de cara á súa creación
No hay comentarios:
Publicar un comentario