A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá da Coruña está presente no MUAU de diferentes formas. Por unha banda, activando procesos participativos como o que levou ao artista El Niño de las Pinturas (Granada) a actuar no barrio do Ventorrillo xunto con artistas locais, como puidestes ver AQUÍ. Nos próximos días daremos conta doutro proceso participativo que se vai desenvolver na nosa cidade dentro das actividades do MUAU e que, pensamos, dará moito que falar.
Por outra banda, desde Igualdade pretendemos dar un pulo a unha artista internacional que está a chamar a atención nunha modalidade artística onde predomina unha masculinización evidente. Esta artista é Faith 47 (Sudáfrica).
O MUAU atravesa África para invitar a unha artista extraordinaria que trae a Galicia un talento que non pode ser engaiolado ou limitado. Ela é Faith47. Dende os ladrillos ao lenzo, esta artista polifacética desprega a súa arte nas fábricas abandonadas, nas rúas secundarias e nos cotrosos centros das cidades. Na Coruña pintará un mural no Barrio das Flores, na rúa Petunias, a partir da próxima semana. Estamos convocados a vela traballar todas e todos aqueles que queiramos comprobar que a obra de arte e o seu emprazamento poden estar perfectamente imbricados.
Neste muro do Barrio das Flores intervirá artísticamente Faith 47. A arte como rehabilitación e, ao mesmo tempo, reivindicación
No hay comentarios:
Publicar un comentario