Son dúas actividades moi diferentes as do MUAU e as do Paralelo 43· 21' 45''. Unha, a primeira, procura experimentar cos conceptos de museu aberto e espazos urbanos. A arte, a urbana, é vista aquí como elemento rehabilitador de espazos `para compartir. Outra, Paralelo 43, procura a rehabilitación comercial dun barrio cada vez menos periférico, o da Agra, aproveitando a explosión cultural que protagonizan en moitos casos veciños e veciñas do propio barrio xunto con artistas de toda a cidade.
As dúas actividades contan por isto co apoio decidido da nosa Concellaría. Xa nos diredes qué tal vos parecen-pareceron!!!
Queda aquí un enlace ao blog deste artista coruñés onde describe o proceso creativo deste mural:
Saúdos, Rubén, e noraboa!!!!
Que as rúas se enchan de arte!!
ResponderEliminargrazas polo post!
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMoi boas!
ResponderEliminarSó escribía para correxir un detalliño! O mural da moto surfeando pinteino eu e non Sergio Risto. Se ve qeu teño que volver aos cadernos Rubio, xa que son consciente de que a firma non se le moi ben. Pero bueno, aquí queda dito ;)
Por se a alguén lle interesa, colguei no meu blog un video stop motion da evolución do mural
http://surfcostadamorte.blogspot.com/2010/05/stop-motion-do-mural-de-coruna.html
Espero que vos guste!
Unha aperta a todos!
O erro foi noso, por isto dos ananiños da informática. Xa o subsanamos, que a cada quen hai que darlle o seu....Saúdos, Rubén.
ResponderEliminar