20.4.10

FORO DE PARTICIPACIÓN VECIÑAL NO BARRIO DE NOVO MESOIRO


Este proceso busca favorecer a vertebración e cohesión da poboación que reside no barrio de Novo Mesoiro. Pretende facer isto activando “momentos” de diálogo comunitario, abertos á participación de calquera persoa interesada, e, desde logo, implicando ás asociacións e axentes comunitarios máis activos.

Para motivar a participación o proceso aproveita a próxima apertura do Centro Cívico e Social de Novo Mesoiro buscando visualizar a utilidade dos seus resultados para a comunidade. Deste xeito, o diálogo buscará identificar propostas de consenso acerca das actividades e funcións que debe desempeñar o Centro; na medida en que un dos seus obxectivos é favorecer a integración e participación da sociedade no barrio.


Data de celebración: 24 de abril de 2010. Horario: 10,30 a 13,00h.

Lugar: Centro Cívico e Social de Mesoiro.

Proceso de difusión previo:

Difusión dunha carta de convocatoria (a través de buzoneo a todos os fogares).

Colocación de cartelería en locais.

Contactación coa xente entrevistada.

Estruturación do Foro:

10,30 a 10,45 h. Recepción de visitantes.

10,45h a 11,15 h (30' aproximadamente). 1ª fase.
Benvida a cargo da Concelleira de Igualdade e Participación, e explicación do obxectivo e estruturación do Foro por parte do equipo técnico (localización: no salón de graos).

11,15 a 12,00 h (45' aproximadamente). 2ª fase.
Traballo en pequenos grupos. Serán grupos compostos, como máximo, por 10 persoas. Se o número de asistentes non é superior ás 80 persoas, poderían distribuírse polas aulas contiguas. En caso contrario, estarían localizadas no salón de graos, aproveitando a facilidade para mover as cadeiras. O obxectivo será que cada pequeno grupo debata cales son as necesidades que debera cubrir con maior prioridade o Centro Cívico e Social e remate este debate identificando actividades concretas (trátase de non dedicarse simplemente a “listar” actividades). Cada grupo elixirá un voceiro ou voceira. Como material de apoio, entregarase a participante un dossier de apoio e unha ficha para que apunte as necesidades e actividades que identifique.

12,10 h a 13,00h (1h aproximadamente). 3ª fase.
As persoas participantes volven ao salón de graos (ou colocan as sillas para un plenario). Saen á mesa os voceiros ou voceiras de cada grupo e expoñen as conclusións de cada grupo. A continuación, unha das pesoas que leva a coordinación técnica fai unha síntese do exposto e se pasa a un turno de palabras aberto.

Finalmente, solicítase ás perosoas que asisten que se inscriban, se teñen interese, para ser convocados nun grupo de traballo posterior ao Foro; que terá como misión priorizar (decidir que debera ir “primeiro”) e dar forma final (contidos máis interesantes, horarios máis axeitados, etc.) ás propostas de actividae, en función das necesidades previstas (a través dunha ou dúas xuntanzas máis).


No hay comentarios:

Publicar un comentario