Dentro das actividades paralelas á programación do MUAU, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, coa imprescindible colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e a Concellaría de Seguridade Cidadá, organizou unha intervención artística de El Niño de las Pinturas (Granada) nunha obra colectiva realizada xunto con artistas locais como MUS, FLECHA, IVÁN e AISER dentro do barrio do Ventorrillo, máis concretamente na rúa Alcalde Salorio Suárez número 19, xunto á cancha de tenis e o Bar Baio. Durante toda a xornada, foron varios os medios de comunicación escritos e audiovisuais que se aproximaron a esta intervención. Un privilexio para este barrio e esta cidade, como podedes comprobar nesta reportaxe fotográfica dunha obra que se rematará mañá.
                                   Plano central
                                   Vista lateral dereita
                                   Recorte da parte do mural realizada por El Niño de las Pinturas
                                   Escaleira prestada polos veciños para axudar aos artistas
                                   Vista do lateral dereito, pendente de remate no día de mañá
                                   De esquerda a dereita, IVÁN e MUS, artistas locais que colaboraron na                                          realización desta obra
                                   Armas de construción masiva......
No hay comentarios:
Publicar un comentario