A sala de prensa da Fundación Caixa Galicia acolleu a rolda de prensa de presentación da exposición ‘Posgraffifi, xeometría e abstracción’, unha actividade enmarcada no MUAU (Museo Urbano de Arte Urbana) que estes días se celebra na cidade, organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Deputación da Coruña e a Fundación Caixa Galicia.
Ao acto asistiron a concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Margarida Vázquez, a concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, a directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, o comisario da exposición, Javier Abarca, e o tamén comisario e coordinador do Festival, Xulio Vázquez.
Na rolda de prensa informouse polo miúdo dos contidos que se exhibirán nas salas da Fundación Caixa Galicia (terceiro andar) ata o mes de xuño, un percorrido inédito polas diferentes formas, épocas e tendencias da arte urbana que inclúe traballos e imaxes dalgúns dos máis importantes creadores deste eido.
Algunhas das intervencións que se poden visitar desde mañá na Fundación Caixagalicia:
Dentro da sala de exposicións poderedes interactuar coas diferentes pezas creadas por Eltono para o espazo urbano coruñés da rúa do Orzán. Unha experiencia de rehabilitación pola arte coincidente coas obras de peonalización como rehabilitación urbana. Sen ningunha dúbida, segundo indicou o comisario da exposición Javier Abarca, unha das actuacións máis importantes de toda a vida creativa de Eltono. As seguintes fotografías dan unha mostra do resultado final:
No hay comentarios:
Publicar un comentario