30.6.09

Nova web do Grupo Municipal do BNG.


O grupo municipal do BNG dispón dunha nova ferramenta para a comunicación, transmisión e recepción de información. Trátase da nova web, á que vos recomendamos que vos acheguedes. Dispoñedes de todos os enlaces a continuación, pero poderedes atopalos sempre na columna da vosa dereita, na sección de Enlaces de Interese. Agardamos os vosos comentarios.



22.6.09

O Concello anima aos coruñeses a que a celebración das Fogueiras de San Xoan 09 sexa a máis limpa e cívica


COLOCARÁNSE 10 CONTENEDORES E DEZ MONITORES REPARTIRÁN 30.000 BOLSAS DE BASURA PARA MANTER LIMPAS AS PRAIAS.

ATA O MOMENTO SOLICITOUSE PERMISO PARA A REALIZACIÓN DE 250 FOGUEIRAS

 ARREDOR DUN CENTENAR DE EFETIVOS VELARÁN POLA SEGURIDADE DOS MILES DE PERSOAS QUE ASISTIRÁN AS FOGUEIRAS.

A Coruña, 19 de xuño de 2009.- O Concello quere contar este ano coa colaboración de todos os participantes nas fogueiras de San Xoan para que a festa do verán 2009 sexa un exemplo de civismo e de participación que serva para amosar que o espazo público pode ser empregado para actos diversos sen producir perxuizos ao resto de usuarios. Para elo, colocaránse dez contenedores de gran capacidade e repartiránse 30.000 bolsas de lixo para tentar de facilitar o traballo aos equipos de limpeza que comezarán a borrar os restos da festa a primeiras horas da mañán.
Os dez contenedores, de gran capacidade, instalaranse preto das entradas e saídas das praias e debidamente señalizados con grandes banderolas que serán visibles dende calqueira punto dos arenais.
Ademais, para facilitar a colaboración cidadá na limpeza de praias, e para incentivar unha conducta cívica que permita que tras á festa poda ser empregada debidamente polos bañistas, repartiranse 30.000 bolsas de lixo entre os visitantes á praia.
Esta iniciativa conta coa colaboración da concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que aportará dez monitores identificados cunha camiseta co lema de civismo e unhas gorras azuis marino coa C e a vírgula que farán o reparto dende as 18.00 horas ata as 6.00 da madrugada. Tamén colocarán bolsas nas entradas das praias onde ubicarase o persoal de seguridade para poder ser recollidas polos usuarios á entrada e deposita los residuos no contenedor á saída.
En calqueira caso, os cidadáns poderán reempregar calqueira bolsa que traigan da casa e votalas no contenedor. Como todos os anos, quitaranse todos os elementos de recollida de residuos ubicados habitualmente nos arenais para evitar perigos de incendio.
Un servizo especial de vixiancia de 40 persoas controlará o acceso ás praias do Orzán e Riazor có fin de facer cumprir as normas e recomendacións.

16.6.09

Éxito de participación na I Xornada do Deporte Feminino na Rúa celebrada o domingo nos Xardíns de Méndez Núñez!!!!!!


A Coruña, 14 de xuño de 2009- Os Xardíns de Méndez Núñez acolleron durante toda a mañá do domingo a celebración da I Xornada do Deporte Feminino na Rúa, impulsada polas concellarías de Igualdade e Participación Cidadá, que dirixe Margarida Vázquez, e Deportes, dirixida por Xan Caxigal, en colaboración con MUDEGA ( Mulleres Deportistas Galegas ).

Unha xornada que contou cunha participación multitudinaria tanto de participantes como de espectadores que puideron desfrutar de exhibicións e encontros deportivos dunha grande variedade de disciplinas deportivas como judo, taekwondo, baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol-sala, duatlón, boxeo, rubgy...

As distitntas exhibicións deportivas correron a cargo de mulleres deportistas galegas de clubes como como Calasancias, Zalaeta, Marineda, Orzán, Amarelle, Rugby da UdC, Balonmán Coruña ou Breogán, así como as diferentes federacións galegas de judo, Taekwondo, Triatlón e Pentatlón, Boxeo e Halterofilia e contaron con participacións destacadas como da ciclista Eva Castro.

Todas estas disciplinas contaban co seu espazo propio de exhibición, ao dividir os organizadores a explanada dos Xardíns en seis zonas de actividade, entre as que se encontra a Zona 5: unha Xaima pensada para disfrutar dunha exposición fotográfica titulada “Deportistas Coruñesas” e de varios vídeos sobre deporte feminino.

Durante esta primeira xornada de deporte Feminino entregouse ademais os primeiros cinco trofeos “Pioneiras do Deporte Coruñés” que foron entregados por O alcalde, Javier Losada, o Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Maragrida Vázquez Veras, o Concelleiro de Deportes Xan Martínez Caxigal, xunto das representantes da xunta directiva de MUDEGA.

As galardonadas foro: Ángela Rodríguez Piñón (Baloncesto); Mari Carmen Rubio (Hockei Herba e Sala); Lis Franco (Fútbol e Fútbol Sala); Ángeles Barreiro (Atletismo-Lanzadora); e María Vieites (Balonmán).

Esta I Xornada de Deporte Feminino serviu tamén para apoiar a candidatura da Torre de Hércules a patrimonio da humanidade con reparto de camisetas co lema ‘Eu apoio’ ademais de camisetas conmemorativas do acontecemento coas que se agasallou a todos os participantes.


Trofeos “Pioneiras do Deporte Coruñés”

· ANGELA RODRÍGUEZ PIÑÓN (BALONCESTO)

Xogadora dos 3 clubes que tivo A Coruña en División de Honra. (Medina, Tabacalera e Autopistas Compañía de María).

· Mellor Xogadora Provincial. Temporada 1984/85.

Adestradora Autopistas División de Honra Feminina.

Adestradora "Programa Infantil Feminino". FEB. 1.991/92

Mellor Deportista Galega. Temporada 1993

Medalla de Ouro, Campeona de Europa coa Selección Española Absoluta. Perugia (Italia). 1.993.

Medalla de Prata, Campeona de Europa coa Selección Española Junior. Bulgaria. 1.994

Adestradora Selección Senior Promesas. Biescas. (Huesca). 1.995.


· MARI CARMEN RUBIO (HOCKEi HERBA E SALA)

· Xogadora-porteira do Santa Lucía de hockei herba e sala.

· 5 veces campeona de España

· 3 veces subcampeona

· Seleccionadora galega sub-18 masculina

· Seleccionadora galega sub-16 feminina

· Adestradora do Hércules e Adaxe masculino e feminino


· LIS FRANCO (FÚTBOL E FÚTBOL SALA)

· Xogadora e máxima goleadora do Karbo Deportivo

· 5 veces Campeona de España

· Internacional Absoluta

· Seleccionadora galega de fútbol sala feminino

· Campeona da Copa da Raíñaa de fútbol sala feminino

· Xornalista deportiva


· ANGELES BARREIRO (ATLETISMO-LANZADORA)

· Campeona de España de lanzamento de disco entre os anos 1982 e 1993 ininterrumpidamente

· En 1992 logra a que aínda hoxe é a mellor marca española, 60.56 metros.

· Mundialista en Tokio 91

· Olímpica en Barcelona 92

· Participou en 8 Xogos Iberoamericanos

· 40 veces internacional absoluta


· MARIA VIEITES (BALONMÁN)

· Xogadora do Medina provincial 71-74

· Xogadora do Medina Nacional de División de Honra de 1974 a 1982

· Xogadora do Oar Ciudad de División de Honra 82-83

· Mellor xogadora provincial os anos 76 e 77

· Ouro nos Xogos do Cantábrico

· 10 veces internacional absoluta



5.6.09

I Xornada do Deporte Feminino na Rúa: Tod@s Facemos Equipo!!!

Efectivamente, o próximo domingo, 14 de xuño de 2009, celebraremos na nosa cidade a I Xornada do Deporte Feminino na Rúa, primeira destas características que se realiza nunha cidade galega, e que pretende ser referente da promoción igualitaria do deporte.
Trátase dunha xornada de participación cidadá e festa deportiva, coa particularidade de que as exhibicións correrán a cargo de mulleres deportistas coruñesas. Integrantes de equipos como o Orzán en fútbol, Calasancias en baloncesto ou Zalaeta en voleibol xogarán partidos de exhibición e darán pé a que nenos e nenas xoguen con elas.
Haberá tamén unha exposición de fotografías, coa muller coruñesa e o deporte como protagonistas, así como a entrega dun galardón a cinco mulleres pioneiras do deporte na cidade, en recoñecemento á súa traxectoria deportiva.
Esperamos ver alí a toda a cidade!!!!!!! Tod@s facemos equipo!!!!!!!
Aquí vos queda o programa. Saúde.