Mostrando entradas con la etiqueta calendario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calendario. Mostrar todas las entradas

3.4.10

Margarida Vázquez destaca as dificultades para implementar unha cultura de participación entre o conxunto das partes implicadas no proceso

O día de hoxe é un día especial para os medios de comunicación impreso na nosa Comunidade Autónoma, xa que é un dos tres únicos días do ano en que non se publican nin se poden adquirir nos seus puntos de venda debido á festividade de venres santo, día non laboral para as e os xornalistas. Os exemplares publicados onte venres, 2 de abril, son os únicos dos que dispoñemos hoxe sábado, 3 de abril. Por isto, resulta para nós especialmente significativo que se dea conta en dous medios diversos de dous temas diferentes tratados pola nosa Concellaría.

Por unha banda, no Ideal Gallego, podemos ler unha completa información redactada por Ángela Fernández onde se destaca a inminente posta en marcha da Rede de Acollemento do Concello da Coruña, onde á actual Casa de Acollida sumaranse tres vivendas tuteladas para aqueles casos onde sexa máis necesaria e conveniente que estas mulleres vítimas de violencia conten cunha importante autonomía e independencia e, polo tanto, autoresponsabilidade exercida a respecto das súas propias vidas e das persoas, normalmente menoras, que as acompañan. Toda unha boa noticia da que daremos conta no seu momento.



Por outra banda, a Opinión da Coruña fai balance das políticas de Participación Cidadá destacando, como é de esperar sempre nun medio de comunicación a respecto do conxunto dos poderes públicos, aqueles aspectos aínda pendentes da súa posta en marcha, como son a nova división da Coruña en catro ou seis Distritos ou a posta en marcha do renovado Consello Social da Coruña. Neste longo artigo, Margarida Vázquez destaca as dificultades de implementar unha auténtica cultura de participación cidadá nunha cidade como A Coruña, se ben destaca os logros obtidos no que vai de mandato a respecto desta, como son o plan Urban, a Rede Coruña Emprega, a Mesa Sectorial de Comercio, o Foro de Participación ou o Foro da Mocidade, entre outros. Recomendámosvos, polo tanto, a leitura destes dous traballos e recordámosvos e respecto deste último aspecto que tedes aberta unha enquisa neste blog de Participación Coruña onde, precisamente, propoñemos expresedes a vosa opinión sobre se A Coruña conta actualmente cunha completa cultura de participación que abrangue a todas as partes implicadas ou, pola contra, esta cultura é máis matizable ou mesmo nula.


3.2.10

Comezan os obradoiros nos Centros Cívicos para a difusión do Banco de Tempo



A concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, que dirixa Margarida Vázquez Veras, comeza en diferentes Centros Cívicos da rede municipal coruñesa unha campaña de difusión do Banco de Tempo da cidade da Coruña, ao tempo que de captación de posibles usuarios e usuarias.

Durante estas charlas, de importante compoñente práctico, as persoas interesadas poderán coñecer en profundidade en qué consiste este servizo, incluído dentro do programa "Concilia os teus tempos" -no que se inclúe o Servizo de atención á infancia- que está a desenvolver a Concellaría, así como as modalidades de prestación e as casuísticas que se contemplan.

O calendario xa acordado, pendente de pechar en varios dos Centros Cívicos, é o seguinte:


Centro Cívico Municipal del Castrillón
09/02/2010
18:00 h.

Centro Cívico Municipal dos Mallos
18/02/2010
19:00 h

Centro Cívico Municipal de Rosales
22/02/2010
18:00 h.

Centro Cívico Municipal de Monte Alto
23/02/2010
17:30 h.

Centro Cívico Municipal de Monelos
24/02/2010
18:00 h.

Centro Cívico Municipal de Artesáns
25/02/2010
19:00 h.

Centro Cívico Municipal de Elviña
01/03/2010
17:00 h.

Centro de Orientación Familiar
16/03/2010
10:00 h.

Centro Cívico Municipal San Diego
17/03/2010
18:00 h.

Falta, entón, por confirmar Labañou, Palavea e o que poida ir xurdindo, segundo a demanda.

Para máis información, non dubidedes en chamar ao 981 184 356 (CIM-Centro Municipal da Muller)