Entre as 10:30 e as 14:30 terá lugar unha nova edición de Mercanatura, Feira de produtos ecolóxicos, naturais e artesanais organizada pola Asociación de Veciños dos Rosales e que conta coa colaboración da nosa Concellaría. Nesta ocasión, ademais, presentarase a nova web do evento, presentación que se desenvolverá ás 10:30 no Centro Cívico dos Rosales e que contará coa presenza de Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña.
Mostrando entradas con la etiqueta Mercanatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mercanatura. Mostrar todas las entradas
10.12.10
14.5.10
Presentación da II edición do concurso de tapas dos Rosales

Onte presentouse a II edición do concurso de tapas dos Rosales. Margarida Vázquez, concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Fernando Carrillo, Presidente da Asociación de Veciños dos Rosales, e Esther Fontán, en representación da Asociación de empresarios e empresarias do barrio, acompañados de membros da Xunta directiva da asociación veciñal, deron o pistoletazo de saída a esta nova edición de promoción grastronómica e social do barrio. Podedes consultar os locais participantes AQUÍ.
Ao mesmo tempo, lembrouse que este sábado 15 de maio (mañá mesmo) se celebrará unha nova edición de Mercanatura. Dúas inmellorables excusas para achegarse a este barrio.
Bon apetit!!!!
20.2.10
Fotos e vídeos da terceira edición de Mercanatura
Podemos comezar dicindo que o tempo non acompañou, como estaba xa advertido, mais os ánimos das persoas que prepararon con tanto mimo esta cita tampuco decaeu. Parabéns á Asociación e, sobre todo, a Fernando e Esther.
Non vos perdades esta reportaxe gráfica con vídeos incluídos. Teremos baile coreografiado, visitas oficiais de representantes municipais -Losada, Tello, Margarida e Lareo- e dous pallasos moi particulares!!!!!
A comparsa do barrio sae do Centro Cívico e comeza a colocarse de cara á súa actuación.Organizando.....

Quique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde, e Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación, observan atentamente os movementos previos da comparsa. Vai frío e ameaza chuvia.
O esperado desfile. Michael Jackson in memoriam......

O fotógrafo "oficial" da Asociación de Veciños saca toda a súa artillería. Un indio, un punki e un bucaneiro andan á espreita.
Os soportais abarrotados pola chuvia. O Alcalde, xunto con Esteban Lareo, atópase con Quique Tello e Margarida. Unha pallasa moi especial adícanos un baile.
Os responsables de todo isto, Fernando e Esther, esteban moi contentos.

Sae a primeira tanda de filloas solidarias preparada polos alumnos da Escola de Hostelería San Juan, da Coruña. Estaban ben boas.
En definitiva, que todo estivo moi ben. A segunte ocasión esperemos contar con mellor climatoloxía. Xa para daquela estará próxima a primavera. Ah...e probamos o polbo na carpa da "Pulpeira de Melide"!
19.2.10
Impacto nos medios de comunicación da edición de Mercanatura que se celebrará mañá nos Rosales
18.2.10
Terceira edición de Mercanatura

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá e a Asociación de Veciños dos Rosales presentan unha edición máis, a terceira xa, da Feira de produtos ecolóxicos e naturais Mercanatura, que se celebrará este sábado 20 de 10:30 a 15:00 horas nas proximidades da Praza Elíptica. Esta edición estará capitalizada polas celebracións de entroido que estamos a celebrar estes días na nosa cidade e comarca.
Para tal fin, achegamos o programa que está previsto desenvolver ao longo desa mañá.
Programación:
10.30 h.: apertura de Mercanatura.
11.00 h.: Obradoiros de disfraces e maquillaxe. (Trataríase de axudar aos nenos a confeccionar disfraces de froitas, verduras e animais a partir de bolsas plásticas, cartulinas e papeis de cores, así como de maquillalos adecuadamente).
12.00 h: apertura do stand de venda da “Filloa Solidaria” (cuxos beneficios van destinados aos damnificados do terremoto de Haití), a cargo de alumnos da Escola de Hostelería San Javier, da Coruña.
12.00 h.: concentración das comparsas na entrada da Praza Elíptica e inicio do desfile pola r/ Manuel Azaña ata a r/ Rodríguez Castelao (e volta á Praza Elíptica).
13.00 h.: rota do tapeo carnavaleiro e verbena amenizada polo Dúo Café.
15.00 h.: clausura de Mercanatura e da festa.
Nota: de contar cunha climatoloxía propicia todos os actos festivos terían lugar na Praza Elíptica. De no ser así, pasarían a celebrarse no Centro Cívico.
Temos que sinalar o agradecemento dos organizadores á Escola de Hostelería San Javier por ter "cedido" dous alumnos para a realización das filloas solidarias de cara a paliar, na medida do posible, as necesidades das persoas damnificadas polo desastre de Haití.
Aula de cata da Escola de Hostelería San Javier21.12.09
Éxito absoluto de Mercanatura!!!!!
Deixámosvos aquí as fotos e o enlace ao blog da Asociación Veciñal dos Rosales onde poderedes seguir a reportaxe relativa á celebración de Mercanatura. Un grande éxito, tanto de público como de vendas. Para o terceiro sábado de xaneiro cóntase con máis expositores. Alí nos veremos!!!!!
Reportaxe fotográfica completa AQUÍ.









16.12.09
O barrio dos Rosais acollerá o vindeiro sábado a primeira feira de productos ecolóxicos ‘Mercanatura’

A INICIATIVA PARTIU DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DOS ROSAIS E CONTA COA COLABORACIÓN DAS CONCELLARÍAS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
TRÁTASE DUNHA INICIATIVA PIONEIRA COA QUE NON SÓ SE BUSCA DINAMIZAR O BARRIO SENÓN TAMÉN APOIA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA DA CIDADE AO TEMPO QUE SUPÓN UNHA APOSTA POLA CALIDADE E O CONSUMO RESPONSABLE
A Coruña, 16 de decembro de 2009.- O vindeiro sábado 19 de decembro o barrio dos Rosais acollerá a primeira edición da feira de productos ecolóxica ‘Mercanatura’, iniciativa coa que se busca non só fomentar o autoconsumo no barrio senón tamén atraer novos clientes procedentes de fora do barrio ou mesmo animar a outros comerciantes e profesionáis a instalarse nesta zona da cidade.
Esta iniciativa naceu da Asociación de Veciños coa finalidade de dinamizar ao barrio de Los Rosales tanto a nivel económico como social e conta coa colaboración e apoio das concellarías de Promoción Económica e Participación Cidadá. Así, o Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello e a Concelleira de Participación Cidadá, Margarida Vázquez acompañados polo presidente da asociación de veciños, Fernando Carrillo, presentaron este mercado pioneiro na cidade co que se apostas por unha volta á terra, ao natural, pola calidade sen aditicos, con garantías, das máns do productor ou artesán directamente ao consumidor.

O Primeiro Tenente de Alcalde suliñou a importancia deste tipo de actividades de cara a mellorar a actividade económica non só do barrio senón de toda a cidade ao tempo que se aposta pola calidade de productos e o consumo responsable. Unha iniciativa que o nacionalista Henrique Tello calificou de “absolutamente atinada” tendo en conta ademais as datas nas que se inagurará, o fin de semana anterior ao Nadal.
A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, destacou pola súa banda o enclave extraordinario para esta feira como é o barrio dos Rosais e que permitirá impulsar un tipo de agricultura no que se une o entorno rural e o urbano a través duns productos de calidade.
O presidente da asociación veciñal explicou que o Mercanatura nace coa pretensión de ir medrando en cada unha das súas edicións. O arranque será o vindeiro sábado 19 de decembro onde ata 30 productores ofreceran os seus productos.
Este mercado celebrarase todos os terceiros sábados de cada mes en horario será de 10.00 a 15.00 horas poidendo ampliar ata ás 21.00 horas en verán e ocasións especiais. Os postos estarán situados na rúa Alcalde Suárez Ferrín baixo os soportais para protexer da choiva.
Poderán participar postos que representen a gastronomía da nosa terra, mesmo postos de degustación como pulpeiras, asadores... ademais o mercado contará tamén con artesanía e tamén según comentou o presidente veciñal está aberta a productos textis sempre que se produzan de feito natural e empreguen materiais naturais como lino ou algodón.

Durante a xornadas de celebración da feira o barrio contará con diversas actividades paralelas con representacións na rúa, malabares, talleres infantis e para adultos, concertos, charlas, convefrencias. Ademais, os establecementos hosteleiros da zona ofrecerán tapas elaboradas con productos de tempada e ecolóxicos para apoiar a celebración desta feira.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

