Mostrando entradas con la etiqueta Barrio das Flores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Barrio das Flores. Mostrar todas las entradas

14.5.10

Faith47 finaliza o mural do Barrio das Flores


Diferentes imaxes que mostran o mural artístico realizado por Faith47 dentro das actividades do MUAU que organiza a nosa Concellaría. Na súa parte frontal destaca o deseño dunha muller que nos remite á iconoclastia bizantina e ao mesmo tempo á tradición muralística oriental.





Pola parte traseira do mural destacan en grande unhas letras onde lemos "Corazón". A súa grafía remítenos tanto ás escritas orientais como á tradición medieval irlandesa.



11.5.10

A artista urbana Faith47 chega á Coruña para deixar a súa arte nun muro do barrio das Flores


• A INTERVENCIÓN ENMARCASE DENTRO DO MUAU (MUSEO URBANO DE ARTE URBANA) NO QUE PARTICIPAN AS CONCELLARÍAS DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, TURISMO E CULTURA E A FUNDACIÓN CAIXA GALICIA

• A CONCELLEIRA MARGARIDA VÁZQUEZ PRESENTOU ESTA MAÑÁ A ACTIVIDADE ACOMPAÑADA DA ARTISTA RECÉN CHEGADA DENDE CIDADE DO CABO

• CON ESTA INTERVENCIÓN BÚSCASE POR UNHA BANDA REHABILITAR MEDIANTE Á ARTE ESPACIOS URBANOS NON BARRIO TAN SIGULAR COMO O BARRIO DAS FLORES AO MESMO TEMPO QUE SE VISIBILIZA O PAPEL DA MULLER DENTRO DUNHA DISCIPLINA ARTÍSTICA MOI MASCULINIZADA



A Coruña, 11 de maio de 2009.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez presentou esta mañá a intervención que a artista urbana Faith47 realizará desde hoxe mesmo no barrio das Flores e coa que se perseguen dous obxetivos. Por unha banda rehabilitar mediante á arte espacios urbanos nun barrio singular, e por outra elexindo que fose unha muller recoñecida internacionalmente a protagonista desta acción dentro dunha disciplina artística moi masculinizada.

A rolda de prensa desenvolveuse nun ton optimista e desenfadado. En primeiro plano, Faith47 e Margarida Vázquez. Ao fondo, o muro que a artista sudafricana rehabilitará


Vista do lateral esquerdo do muro


A Concelleira estivo acompañada durante a presentación da propia artista quen comezará esta mesma tarde a preparar o muro no que vai intervir e que durante tres días estará traballando no mesmo.

Deste xeito e dende Cidade do Cabo chega á Coruña Faith47, unha artista extraordinaria cun talento que non pode ser engaiolado ou limitado. Dende os ladrillos ao lenzo, esta artista polifacética desprega a súa arte nas fábricas abandonadas, nas rúas secundarias e nos cotrosos centros das cidades. Na Coruña pintará un mural no Barrio das Flores, na rúa Petunias (diante do Polideportivo Municipal).





Faith47 busca o ton da tinta que vai directamente ao corazón. O seu traballo é una fixación, a fusión dos xestos máis intimamente fráxiles e sutís cunha escuridade crúa e violenta. Fluíndo dende as rúas ás galerías cun sentido intencional. Faith viaxa por todas partes a través da súa arte, pero vive en Sudáfrica, onde a terra é de cor vermello e o seu sangue síntese incómoda pero tranquilamente nerviosa. Declara que ela é de Sudáfrica ata a medula: "as miñas raíces están aquí, pero eu non creo no patriotismo. Sudáfrica, é un país moi complexo, que podería levar varias vidas entendelo. É moi fermosa, e a xente de aquí é moi dura, como ninjas, con grandes corazóns”.

A presentación contou con numerosos medios de comunicación pese ao alonxado do espazo escollido: a rúa Petunias do Barrio das Flores



Aínda que o traballo desta artista é unha expresión do seu proceso persoal, é un traballo de diálogo con quen a mira, aínda que o seu obxectivo non é comunicar, cuestionar ou desafiar aos que presencian a súa arte.

O programa MUAU (Museo Urbano de Arte Urbana) arrancou o pasado mes de abril e durante tres meses nos que as rúas e barrios, salas de exposicións, salas de cine, foros de debate e talleres da Coruña acollerán aos máis importantes artistas da arte urbana, os que están a redefinila a nivel internacional, mostrando outro xeito de crear, sempre coa rúa como elemento vertebrador e imprescindible do seu discurso. Tres meses nos que adultos, nenos e nenas están a asistir a intervencións nas rúas, exposicións, foros de formación con obradoiros, un ciclo de cine e actuacións musicais.
Un amplio programa de primera calidade que inclúe nomes de prestixio a nivel internacional que sitúan á Coruña como o epícentro da arte urbana a nivel estatal.




Pese aos pésimos pronósticos sobre o tempo na Coruña, a primavera saudou Faith47 motivándoa aínda máis de cara á súa creación


5.5.10

Faith 47, a potencia das cores e da terra


A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá da Coruña está presente no MUAU de diferentes formas. Por unha banda, activando procesos participativos como o que levou ao artista El Niño de las Pinturas (Granada) a actuar no barrio do Ventorrillo xunto con artistas locais, como puidestes ver AQUÍ. Nos próximos días daremos conta doutro proceso participativo que se vai desenvolver na nosa cidade dentro das actividades do MUAU e que, pensamos, dará moito que falar.

Por outra banda, desde Igualdade pretendemos dar un pulo a unha artista internacional que está a chamar a atención nunha modalidade artística onde predomina unha masculinización evidente. Esta artista é Faith 47 (Sudáfrica).


Faith47, a potencia das cores e da terra

O MUAU atravesa África para invitar a unha artista extraordinaria que trae a Galicia un talento que non pode ser engaiolado ou limitado. Ela é Faith47. Dende os ladrillos ao lenzo, esta artista polifacética desprega a súa arte nas fábricas abandonadas, nas rúas secundarias e nos cotrosos centros das cidades. Na Coruña pintará un mural no Barrio das Flores, na rúa Petunias, a partir da próxima semana. Estamos convocados a vela traballar todas e todos aqueles que queiramos comprobar que a obra de arte e o seu emprazamento poden estar perfectamente imbricados.

+INFO

Neste muro do Barrio das Flores intervirá artísticamente Faith 47. A arte como rehabilitación e, ao mesmo tempo, reivindicación