Mostrando entradas con la etiqueta Agra do Orzán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agra do Orzán. Mostrar todas las entradas

13.9.10

Cursos de formación do Plan de emprego e participación das mulleres


A partir de outubro comezaremos estes Cursos de formación dirixidos ás mozas e mulleres da Agra do Orzán, dentro do Plan de emprego e participación das mulleres. O obxectivo deste Plan é promover a incorporación das mulleres ao mercado laboral e a súa participación na vida social do barrio.


Deixámosvos na anterior imaxe toda a información e lembrámosvos que a Oficina de información do URBANA-C se atopa na Rúa Corcubión 8, teléfono 981 924 831 e que se atende os luns, mércores e venres de 9:30 a 14:00 horas.

8.9.10

San Andrés 1.0 rectifica a historia comercial dunha rúa en decadencia


A rúa de San Andrés foi, en tempos, o indiscutible Centro Comercial da Coruña. A aparición de novos hábitos de consumo, a restruturación do espazo urbano coruñés cara aos aneis residenciais exteriores -novos barrios como Rosales e Novomesoiro e concellos limítrofes como Culleredo ou Arteixo- as numerosas incompatibilidades na conciliación da vida laboral, familiar e persoal, a importante presenza de multinacionais da venda e distribución de alimentos e bens, entre outras, son algunhas das razóns que poden explicar a continua decadencia que leva vivindo esta rúa nas últimas dúas décadas.

É por isto que naceu San Andrés 1.0, unha potente intervención artística onde partimos dun soporte atrevido, como eran os seis baixos comerciais en desuso que a Asociación Comercial Zona Obelisco ofertou á nosa Concellaría, e empregamos un grandísimo muro que ocupa tres antigas edificacións xa desaparecidas, todas elas co tradicional ancho dun remo, como índice e guía para o conxunto da exposición.

A valoración actual desta iniciativa non pode ser máis positiva. Varios dos locais involucrados están xa alugados ou en procesos administrativos previos ao seu novo uso. Por primeira vez en anos aumenta o uso comercial desta rúa. A arte, a intervención directa sobre os elementos que conforman a característica definitoria de San Andrés, os baixos comerciais, é o motor sobre o que xira a recuperación deste tipo de espazos en franca competencia desigual coas novas superficies comerciais e os novos usos do tempo dos cidadáns e cidadás.

Deixámosvos aquí uns enlaces procedentes de diferentes medios que continúan a facerse eco desta iniciativa e dos seus excelentes resultados.


Nos próximos días recibiredes cumprida información sobre a continuidade deste tipo de iniciativas noutro entorno urbano comercialmente degradado da nosa cidade, como é a Agra do Orzán.


3.6.10

Vídeo sobre o a Agra, de Elizabeth Ross

A artista mexicana afincada na Agra do Orzán, Elisabeth Ross, de 5Célula arte y comunidad, realizaou este fermoso vídeo en homenaxe a un barrio, as súas xentes e, moi sinaladamente, ás e aos comerciantes que participaron no festival Paralelo 43· 21' 45''. Recomendamos o seu visionado.

19.5.10

Continúan as actividades do festival Paralelo 43º 21' 45''


Despois do éxito acadado nos dous anteriores sábados adicados o primeiro á música e este último, día 15, as artes literarias, o PARALELO 43º21’45” O festival artístico en marcha dende o día 8 de maio no barrio coruñés das Cochiñas-Agra do Orzán, sigue a súa andaina co día adicado as artes escénicas, o sábado 22 de maio.

Así, esta xornada estará especialmente orientada ás rapazas e rapaces máis novos. Durante todo o día habera xogos interculturais organizados por Viraventos, ONG do barrio, na rúa Barcelona entorno ao Mercado.

Ás 12,00 será o momento para a sesión de Contos no Mercado, a cargo de Zezilia Meléndrez
(de “A locamotora”).

Ás 6 da tarde, haberá tamén unha seisión-demostración de teatroterapia a cargo da terapeuta Victoria Teijeiro, no local de Manicómicos, na rúa Andrés Gaos, con prazas limitadas e admisión segundo orden de chegada.

Xa ás 7 da tarde haberá un match de improvisación teatral, unha regeifa entre os grupos de teatro Manicómicos y Bambú teatro na praza das Conchiñas.

Permancen montadas as exposicións artísticas en 45 establecementos comerciais: peluquerias, xoierías, froiterias, talleres mecánicos, bares... onde oleos, gravados, fotografías, vídeos, instalacións, esculturas, maquetas... conviven coas meracadorias, promocionando cultural e comercialmente o barrio e facendo que o público acceda a arte no seu día a día.





















Organizan os colectivos:

“arTeu, arte + sociedade”, “BGR-Bisionesgraphicasreales”, “5celula, arte y comunidad”

Patrocina:

Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, Concello da Coruña

Colaboran:

Concellarías: de Cultura, de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e Mercados



9.5.10

comeza o festival Paralelo 43º 21' 45''

Da Praza das Conchiñas ao ceo...

No día de onte, sábado 8 de maio, comezou a andadura do Festival Paralelo 43º 21' 45'' do que xa vos fomos falando AQUÍ mesmo.

Desde logo, o tempo non acompañou moito, pero a xente do barrio si. Proba disto, quedan aquí unhas fotos tanto do concerto que pola mañá deron Tumbalobos e Xurxo Souto, así como algúns dos escaparates que forman parte deste festival artístico.


Exposición de pintura (Entrepeñas)


Exposición de fotografía (Entrepeñas)


Cartelería por todo o barrio


Público asistente ao concerto da mañá



Non hai truco. Había moita xente, especialmente tendo en conta que pola mañá adóitase facer a compra ou preparar a marcha do fin de semana aos múltiples contornos rurais de procedencia de moitas veciñas e veciños da Agra


O escaso verde do barrio loce esplendoroso nas Conchiñas


Pequenas asistentes


O incansable Xurxo Souto.....parteu!!!!!


5.5.10

Presentación do festival Paralelo 43· 21' 45'' ante os medios


O vindeiro 8 de maio arranca proxecto Paralelo 43º 21’ 45’’ para a promoción do comercio da Agra do Orzán

 NACE CÓ OBXETIVO DE ACHEGAR A ARTE Á SOCIEDADE, E O MESMO TEMPO DINAMIZAR O BARRIO AXUDANDO A INTEGRAR A SOCIEDADE NO ENTORNO DAS SÚAS NECESIDADES, TANTO DE OCIO, CULTURA E EXPRESIÓN ARTÍSTICA COMO DE PROMOCIÓN DOS SEUS NEGOCIOS E TRABALLOS

 ESTÁ ORGANIZACO POLOS COLECTIVOS ARTEU, BGR E 5CÉLULA ARTE E COMUIDADE COA COLABORACIÓN DAS CONCELLARÍAS DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, CULTURA, E MOCIDADE, SOLIDARIEDADE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA



A Coruña, 5 de outubro de 2009.- As Concelleiras de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, e de Cultura, María Xosé Bravo, presentaron esta mañá o Proxecto Paralelo 43º 21’ 45 ‘’ organizado polos colectivos Arteu, BGR e 5Célula Arte e Comunidade para a promoción do comercio da Agra do Orzán a través da arte e no que participarán máis de 150 artistas.

A Agra do Orzán conta cunha zona habitacional e comercial moi ampla na que se desenvolve unha activa vida social, é un barrio tradicionalemente residencial de traballadores e de servizos, e entre a xente nova desenvolveuse unha grande capacidade creativa á que nos últimos anos hai que engadir as aportacións dunha población rica en diversidade cultural.

A matriz deste proxecto é a necesidade de achegar a Arte á sociedade, poñendo en contacto os creadores co público sen a intermediación tradicional (galerías, museos...). Coincide con isto que como veciños da Agra do Orzán, artistas e traballadores da cultura, estamos preocupados pola situación de crise do barrio e da súa xente.

Paralelo 43°21’45” A Coruña é un festival artístico creado dende a sociedade e para a sociedade, no barrio das Conchiñas- Agra do Orzán. O obxetivo matriz deste proxecto é a necesidade de achegar a arte á sociedade, poñendo en contacto os creadores co público sen a intermediación tradicional (galerías, museos...), así como buscar novos espazos públicos para a arte, dando novos usos a algúns xa existentes. Pero ao mesmo tempo, trata de dinamizar económicamente e de dar maior visibilidade a un barrio importante da cidade, formado por xente afable e traballadora, que actualmente está sendo moi castigado pola crise económica que afecta ao país. A arte pode axudar a integrar a sociedade entorno das súas necesidades, tanto de de ocio, cultura e expresión artística como de promoción dos seus negocios e traballos.

Este proxecto, unha proposta artística, nace có obxetivo de achegar a arte á sociedade, e o mesmo tempo dinamizar o barrio axudando a integrar a sociedade entorno das súas necesidades, tanto de de ocio, cultura e expresión artística como de promoción dos seus negocios e traballos.
Con esta finalidade realizarase, durante o mes de maio, un Festival composto por unha serie de eventos artísticos e culturais nos que participarán os veciños e veciñas do barrio dunha maneira innovadora, en locais pechados, no mercado das Conchiñas, nas rúas eprazas.

Achegarase a arte á sociedade e, será esa interacción cultura – cidadanía a que transforme o barrio nun foco artístico, económico e comercial atractivo para toda a cidade. O mes de maio convertirase deste xeito no paralelo 43º 21’ 45” da Coruña, nun Festival que iniciará un proceso firme de relación arte-sociedade.

No último mes fixéronse visitas aos establecementos da zona, convidándolles a unirse a esta iniciativa, así como ás diversas asociacións e ONGs do lugar. Tamén convocouse aos artistas plásticos e visuais, da música, poesía e artes escénicas. Finalmente contarase coa participación de máis de 40 establecementos (de roupa, carnicerías, froiterías, xoierías, bares…) e artistas, así como numerosas asociacións (Asociación de Veciños, Posición B Coruña, Cabo Verde, Asociación de Placeirxs, ACSUR, Sinonimo de Lucro, Aseser Teranga, Polaquia, Viraventos…) que colaborarán con obradoiros e participacións artísticas.

PROGRAMA

Exposicións de obras de arte de máis de 50 artistas noutros tantos establecementos da zona, dende o 9 até o 29 de maio. Participan artistas recoñecidos no país como Yolanda Dorda, Manel Cráneo, Miguel Melero... con outros menos coñecidos, con diversidade de medios, comics, pintura, fotografía, video, pirogravado, escultura... e diversidade cultural, internacional poderiamos dicer. Entre os establecementos hai tendas de roupa, froiterías, farmacias, ópticas, fotocopiadoras, talleres mecánicos, bares, etc. A idea é que as obras de arte convivan coas mercadurías e así a xente poda atoparse con elas na súa cotidianeidade. Non será preciso visitar un museo ou galería para poder ver obras de arte.
Realizaremos un catálogo electrónico coa obra e biografía dos artistas, que será accesible na web www.arteu.es

Diversas actividades culturais programadas en 4 SÁBADOS:

8 DE MAIO: Artes musicais.

15 DE MAIO: Artes literarias.

22 DE MAIO: Artes escénicas.

29 DE MAIO: Artes plásticas e visuais.

8 DE MAIO: Artes musicais.

Durante todo o día haberá concertos na rúa e en locais pechados, con grande diversidade de xeitos de entender a música, dende o acordeón de Xurso Souto até o reggae de Pinnacle, dende a orquesta de música tradicional até a música que aportarán colectivos de inmigrantes con rap e hip hop.

No palco da praza das Conchiñas actuarán, dende as 11.30 ata as 15 horas e de 18 a 21 horas. Actuarán Los del Sur, Tumablobos, Xurxo Souto, Axlubi-X, Papis Diao e Pinnacle.

Tamén haberá concertos acústicos a partir das 21.30 na Colmena da man do grupo do barrio “Fresquiños” (cajón flamento, armónica e guitarras) e na Xesta Chamito Flako e o rock de “Equilibrio”, rematando coa seisión de DJs en Tsunami a partir das 23 horas.

15 DE MAIO: Artes literarias. A xente poderá achegarse a poesía da man de poetas e poetisas. Consistirá en dous recitais poético-musicais.

“O MERCADO DA POESÍA”: no mercado das Conchiñas oiránse as fermosas voces de Eva Veiga, María Lado, Francisco F. Naval (recentemente galardonado co premio Fiz Vergara), e moitos outras, tal vez menos coñecidas como son as do grupo “Os diversos” (Mon, Mercedes Molares, Concha Parga...), ou Maruxa Martínez Baleirón. Comezará ás 11.30 e estará acompañado polas guitarras de César Morán e Ruben Barros e a flauta de Dubi Baamonde. Os poemas tamén serán repartidos por praceiros/as en octavillas de cores xunto cos recibos de compa.

Por volta das 8 do serán, tocara-lle o turno ao recital “SLAM PROPOLIS”, no final da rúa Barcelona, no que participarán catro poetas e poetixas: Nico, Aurora Abelaidas, Ramón Charliú e Papis Diao, acompañados da Danza Duende de Cristina Morán. A ambos eventos están invitadas voces espontáneas.

22 DE MAIO: lle tocará sair á rúa a as Artes escénicas. Será un día de moita animación, adicado fundamentalmente aos máis pequenos:

Comezará o día da man de Zezilia Meléndrez e os seus contos no Mercadodas Conchiñas. Xa pola tarde se poderá asistir ao desafío teatral entre os grupos Manicómicos e Bambú Teatro na praza das Conchiñas.

As 18,00 hrs haberá unha sesión de teatroterapia impartida por Victoria Teijeiro no local dos Manicómicos, prazas limitadas. Durante todo o día haberá xogos infantís interculturais que organizarán a Asociación Viraventos

29 DE MAO, tal vez sexa o día no que se xunten máis actividades, xa que é o día das artes plásticas e visuais.
ARTES PLÁSTICAS

Catro carpas acollerán 6 obradoiros plásticos de 11.30 a 14.00 e de 17 a 20 horas. Todos teñen prazas limitadas. Impartidos polos/as artistas, de balde.

Gravado: Impartido por Ali Ali, artista sirio afincado en Galicia dende hai varios anos. Todo aquel/a que queira poderá achegarse e aprender a realizar unha punta seca en prancha de metal. Público: xeral (a partir de 8 anos máis ou menos) .

Batik: Impartido por Olga Gorvunoba, artista rusa, que vive na actualidade en Compostela. Ensinará a quen o desexe a ralizar fermosos panos de seda pintada. Público: xeral (a partir de 8 anos máis ou menos).

Pintura para nenos/as. Impartido por Ana Castiñeiras, artista galega que guiará aos rapaces e rapazas para realizar murais con pinturas de dedos, ceras, tizas e plastilina. Será durante a mañán, e pola tarde se exhibirán as obras dos alumnos/as.

Bisutería de reciclaxe, con Paula Tomé, artista galega, que coas máns de nenos/as transformará periódicos vellos en hermosas contas de bisutería.

Obradoiro de broches de feltro, da man de Alba Pardo, para público en xeral.

Ise mesmo día, pola tarde haberá unha exposición das obras dos artistas que imparten os obradoiros para a súa promoción.

Haberá ademáis unha mesa co libro “O teu barrio ideal”, no que se recollerán suxerencias para trasladar despois ao Concello.


ARTES VISUAIS

Proxeccións de cortos e mediametraxes en locais pechados: No Mercado das Conchiñas: O documental O soños do Mar de Daniel López proxectarase no mercado das Conchiñas o día 29 de maio, ás 12 da mañá.

Posición B: O día 29, ás 13 horas, realizaranse proxeccións de super 8, a cargo de Fernando Pujalte. Xa pola tarde, a partir das 20 horas dará paso á proxección de diversos cortos e mediametraxes, O Laberinto Ario de Alfredo Pardo Hermida, (m)2 de Xosé Abad de Sandra G. Rey, Elixido de Chema Gagino (premio corto mestre mateo 2009), Nemo, de Alen Filmes (Premio Mestre mateo 2008 por mejor obra experimental), e outros Caamaño Castro e Nani Matos.

Bares e outros locais. Unha compilación de videos que non sobrepasan os 10 minutos, de autores como Miguel Mariño, Caamaño Castro, Sandra G. Rey, Xacobe Meléndrez Fassbender, Esther Amil, Lorena Terrón (mención de honra galiza crea 2008) ou Elizabeth Ross (cun video realizado para a ocasión), se proxectará nas televisiones de Natexx, La Colmena, Estudio Imaxe, O Triskel, Rincón de Cabo Verde, Vinoteca D’Loren, O Lagar e no Bar do Mercado das Conchiñas, en calquera momento do día ou da noite.

Proxección na rúa. A mesma compilación de videos proxectarase o día 29 ao anoitecer no fondo da rúa Barcelona, sobre o baixo dun edificio. Todos estos videos foron expresamente cedidos polos seus autores e autoras para a súa proxección no festival.

3. Outras actividades PLÁSTICAS E VISUAIS do día 29:

Ao fondo da rúa Barcelona, ás 17 horas,demostración de “pulpo reggae sound”, demo de graffiti con DJ a cargo de Jacobo Jaspe. En Posición B, ás 18 horas, charla de anime experimental, con David Pazos e Mariña Eiroa, á que seguirá as sinaturas de fanzines de Sinónimos de Lucro, Manel Cráneo e Mariano Casas. Nas carpas da praza das Conchiñas se disporá un libro de suxerencias “O teu barrio ideal”, que serán transmitidas ao Concello ao finalizar o festival.

2.5.10

Paralelo 43 e MUAU: arte na rúa

Obra de Momo no Obelisco

Son dúas actividades moi diferentes as do MUAU e as do Paralelo 43· 21' 45''. Unha, a primeira, procura experimentar cos conceptos de museu aberto e espazos urbanos. A arte, a urbana, é vista aquí como elemento rehabilitador de espazos `para compartir. Outra, Paralelo 43, procura a rehabilitación comercial dun barrio cada vez menos periférico, o da Agra, aproveitando a explosión cultural que protagonizan en moitos casos veciños e veciñas do propio barrio xunto con artistas de toda a cidade.

As dúas actividades contan por isto co apoio decidido da nosa Concellaría. Xa nos diredes qué tal vos parecen-pareceron!!!


Un exemplo da unión de arte+comercio+rehabilitación urbana atopámolo nesta obre de Rubén Prieto ubicada ao final da rúa do Orzán.

Queda aquí un enlace ao blog deste artista coruñés onde describe o proceso creativo deste mural:


Saúdos, Rubén, e noraboa!!!!






30.4.10

Portada da guía Go do mes de maio

Como dicía o amigo Xurxo......ASPECTACULAR!!!!!!!



Interior da revista



Consultar máis páxinas da revista AQUÍ.

Consultar sobre Festival AQUÍ.

Agradamos vervos pola Agra!!!!!


Paralelo 43· 21' 45''

Aquí vos deixamos o cartel, programa de actividades e localización destas dentro do Festival artístico Paralelo 43· 21' 45'' que se desenvolverá os sábados de maio no barrio da Agra, nomeadamente arredor da Rúa Barcelona e Praza das Conchiñas.