Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas

6.11.09

Campaña informativa sobre a ampliación das Zonas de Especial Protección



A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá comeza hoxe unha campaña informativa nas prazas de Santa Catalina, Cormelana e Africano, incluíndo os seus arredores, para explicar, principalmente á mocidade que alí se reúne, os efectos e motivacións da declaración destas áreas como ZEP ( Zonas de Especial Protección ), ao abeiro da Ordenanza de convivencia e ocio nos espazos públicos da cidade da Coruña.

Despois de que a Concelleira de Medio Ambiente, Nieves Vázquez, dese conta dos factores conxuntos que concorren nestes espazos da nosa cidade para xustificar esta declaración, Margarida Vázquez Veras pasou a expresar a opinión e as medidas complementarias da súa área de Participación Cidadá, tal e como acontecera hai aproximadamente ano e medio, cando entrara en vigor dita Ordenanza, acompañada da declaración e aprobación en Xunta de Goberno das primeiras ZEP.

Reproducimos a continuación as palabras de Margarida peronunciadas na rolda de prensa onde se daba conta desta decisión encamiñada a PROTEXER eses espazos públicos e evitar, na medida do posible, usos excluíntes dos mesmos.

Evidentemente, agardamos que o CIVISMO impere e se poida conxeniar o dereito ao descanso e a vivir nun contorno saudable das veciñas e veciños co dereito ao lecer daquelas persoas que así o desexen.




INTERVENCIÓN DE MARGARIDA VÁZQUEZ

"Hai case un ano e medio que entrou en vigor a Ordenanza de Convivencia e ocio no espazo público da cidade da Coruña. Tratábase de conxeniar o dereito das e dos veciños ao descanso-ou ao goce de espazos públicos sanitaria e medioambientalmente dignos-co dereito de todas e todos os veciños ao aproveitamento lúdico deses mesmos espazos.

Para poder garantir a concorrencia destes dereitos, a ordenanza contemplaba, e contempla, a posibilidade de declarar as denominadas Zonas de Especial Protección, de carácter totalmente EXCEPCIONAL, xa que para a súa declaración era preciso que concorresen, á súa vez, determinadas circustancias como as que xa comentou a concelleira de Medio Ambiente.

Naquelas datas, efectivamente, esta declaración circunscribiuse ás Prazas do Humor e Azcárraga, considerando, desde a nosa Concellería de Igualdade e Participación Cidadá, que a mellor achega que podíamos poñer a disposición dos VALORES CÍVICOS que nos guían e defendemos e da sociedade coruñesa, tanto da que ten dereito ao descanso como da que o ten ao lecer, era a realización dunha campaña informativa in situ e nas horas en que se desenvolvía o conflito, sobre as consecuencias da aplicación desta denominación, o por qué da súa declaración e as alternativas que esta mesma ordenanza nos fornece: efectivamente, poderemos desfrutar dos espazos públicos tanto en canto non se altere a normal convivencia cidadá. Dito en roman paladino: tanto en canto non se moleste a outras veciñas e veciños que, como no caso que hoxe nos ocupa, vían lesionados dereitos tan básicos como o dereito ao descanso ou a vivir e convivir nun contorno saudable.

A única motivación desta declaración non é, como algúns pretenden, a da PROHIBICIÓN, se non a da PROTECCIÓN de zonas da cidade que, reiteradamente, vivían e padecían uns usos excluíntes acompañados, en ocasións, e isto é moi de lamentar, de actos vandálicos que atentan contra os bens de todos: os espazos públicos da nosa cidade.

Continuaremos cun modelo que xa deu os seus froitos coincidindo coas anteriores declaracións de Zonas de Especial Protección, que é a difusión das implicacións que ten esta declaración mediante unha parella de monitores que. á súa vez, recollerán as inquietudes ou propostas das persoas coas que traten este primeiro fin de semana de entrada en vigor desta declaración".


PLANO DAS NOVAS ZEP


22.6.09

O Concello anima aos coruñeses a que a celebración das Fogueiras de San Xoan 09 sexa a máis limpa e cívica


COLOCARÁNSE 10 CONTENEDORES E DEZ MONITORES REPARTIRÁN 30.000 BOLSAS DE BASURA PARA MANTER LIMPAS AS PRAIAS.

ATA O MOMENTO SOLICITOUSE PERMISO PARA A REALIZACIÓN DE 250 FOGUEIRAS

 ARREDOR DUN CENTENAR DE EFETIVOS VELARÁN POLA SEGURIDADE DOS MILES DE PERSOAS QUE ASISTIRÁN AS FOGUEIRAS.

A Coruña, 19 de xuño de 2009.- O Concello quere contar este ano coa colaboración de todos os participantes nas fogueiras de San Xoan para que a festa do verán 2009 sexa un exemplo de civismo e de participación que serva para amosar que o espazo público pode ser empregado para actos diversos sen producir perxuizos ao resto de usuarios. Para elo, colocaránse dez contenedores de gran capacidade e repartiránse 30.000 bolsas de lixo para tentar de facilitar o traballo aos equipos de limpeza que comezarán a borrar os restos da festa a primeiras horas da mañán.
Os dez contenedores, de gran capacidade, instalaranse preto das entradas e saídas das praias e debidamente señalizados con grandes banderolas que serán visibles dende calqueira punto dos arenais.
Ademais, para facilitar a colaboración cidadá na limpeza de praias, e para incentivar unha conducta cívica que permita que tras á festa poda ser empregada debidamente polos bañistas, repartiranse 30.000 bolsas de lixo entre os visitantes á praia.
Esta iniciativa conta coa colaboración da concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que aportará dez monitores identificados cunha camiseta co lema de civismo e unhas gorras azuis marino coa C e a vírgula que farán o reparto dende as 18.00 horas ata as 6.00 da madrugada. Tamén colocarán bolsas nas entradas das praias onde ubicarase o persoal de seguridade para poder ser recollidas polos usuarios á entrada e deposita los residuos no contenedor á saída.
En calqueira caso, os cidadáns poderán reempregar calqueira bolsa que traigan da casa e votalas no contenedor. Como todos os anos, quitaranse todos os elementos de recollida de residuos ubicados habitualmente nos arenais para evitar perigos de incendio.
Un servizo especial de vixiancia de 40 persoas controlará o acceso ás praias do Orzán e Riazor có fin de facer cumprir as normas e recomendacións.