Mostrando entradas con la etiqueta web. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta web. Mostrar todas las entradas

30.6.10

Presentado o informe de queixas cidadás por parte da Comisión de seguimento


Como todos os anos, presentouse o informe anual de queixas recibidas e tramitadas no Concello da Coruña polos seus diferentes medios: Rexistros Municipais, web municipal, 010,....

Un ano máis, sobrancean as queixas dirixidas ao departamento de Infraestruturas relativas a mal estado de vías e beirarrúas.

Por outra banda, novamente aparece a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá como o único departamento que non xenerou nin unha soa queixa, o cal é salientable dados os diferentes programas de impronta cidadá que desenvolvemos, tais como o deporte feminino na rúa, o servizo de canguros, o festival arte+parte ou o Banco de Tempo, entre outros.

Podedes ler as informacións que apareceron hoxe na prensa:








12.5.10

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá estrea novo espazo web


• A CONCELLEIRA, MARGARIDA VÁZQUEZ PRESENTOU O NOVO ESPAZO WEB ESTA MAÑÁ QUE SE SUMA AOS ESPAZOS XA EXISTENTES COMO OS BLOGS IGUALDADE CORUÑA, PARTICIPACIÓN CORUÑA OU MULLERES ARTE+PARTE ASI COMO UN CANAL PROPIO EN YOUTUBE, FACEBOOK E TWITTER

• PÓDESE ACCEDER A NOVA WEB DESDE HOXE NAS DIRECCIÓNS: WWW.CORUNA.ES/IGUALDADE OU WWW.CORUNA.ES/PARTICIPACION


A Coruña, 12 de maio de 2010.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá a nova web da súa Concellaría, accesible desde a web municipal coruna.es. Esta nova ferramenta para a promoción, difusión e intercambio de ideas súmase aos espazos xa existentes como os blogs Igualdade Coruña, Participación Coruña ou Mulleres arte+parte, así como un canal propio en youtube, facebook, cuns dous mil seguidores, ou twitter.

A partir dun deseño inspirado na propia web municipal, de cara a manter ante os potenciais usuarios unha aparente relación co conxunto da web do Concello da Coruña, a Concellaría de Igualdade e Participación explora ao máximo as súas posibilidades procurando, por un lado “o acceso ao máximo de información con apenas dous clics”, como sinalou Margarida Vázquez, así como unha desexada interrelación e intercomunicación da Concellaría cos usuarios e usuarias da web mediante o uso de aplicacións que permiten comentar as noticias, abrir foros de debate, colgar enquisas, compartir as novas nas diferentes redes sociais, etc.



Persoal técnico da Concellaría foi o encargado de subir todos os contidos dispoñibles. Esta web estaba pendente desde a creación da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá hai menos de tres anos, polo que o seu deseño foi sufragado desde o Departamento de Planificación do Concello.

Desde hoxe pódese acceder a esta nova web entrando a través da dirección www.coruna.es, ou directamente en www.coruna.es/igualdade ou www.coruna.es/participacion

Esta web consta dun portal de INICIO, desde o que se pode acceder tanto aos contidos exclusivos da área de Igualdade como os de Participación Cidadá. Neste último apartado, resaltan o uso dunhas enquisas abertas que solicitan das e dos cidadáns a súa opinión sobre diferentes programas que desenvolve a Concellaría, aínda que Margarida Vázquez adiantou que no futuro poderán referirse a todo tipo de temas de interese cidadá.


30.6.09

Nova web do Grupo Municipal do BNG.


O grupo municipal do BNG dispón dunha nova ferramenta para a comunicación, transmisión e recepción de información. Trátase da nova web, á que vos recomendamos que vos acheguedes. Dispoñedes de todos os enlaces a continuación, pero poderedes atopalos sempre na columna da vosa dereita, na sección de Enlaces de Interese. Agardamos os vosos comentarios.