30.6.10

Presentado o informe de queixas cidadás por parte da Comisión de seguimento


Como todos os anos, presentouse o informe anual de queixas recibidas e tramitadas no Concello da Coruña polos seus diferentes medios: Rexistros Municipais, web municipal, 010,....

Un ano máis, sobrancean as queixas dirixidas ao departamento de Infraestruturas relativas a mal estado de vías e beirarrúas.

Por outra banda, novamente aparece a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá como o único departamento que non xenerou nin unha soa queixa, o cal é salientable dados os diferentes programas de impronta cidadá que desenvolvemos, tais como o deporte feminino na rúa, o servizo de canguros, o festival arte+parte ou o Banco de Tempo, entre outros.

Podedes ler as informacións que apareceron hoxe na prensa:








25.6.10

O BANCO DO TEMPO XA ESTÁ FUNCIONANDO!!!

Durante o mes de Xuño xa realizamos varios intercambios entre as socias e socios do Banco do Tempo.

Na actualidade somos 28 socias e socios que xa dispoñemos de 3 horas “de balde” para poder empezar a facer uso de todo o que nos ofrece o Banco.

Durante este mes xa realizamos varios intercambios de masaxe, sesións de coaching, conversacións en inglés, reflexoloxía, manicura e o luns realizaremos un intercambio en pequeno grupo de internet básico.

Adxuntamos tamén o boletín actualizado onde podéis ver todo o que se demanda e se ofrece no Banco do Tempo. Se che interesa intercambiar algo do que se ofrece non dubides en contactar con nós.

Anímate e faite socia ou socio do Banco do Tempo!!!!


No seguinte documento poderedes coñecer as actividades que estamos desenvolvendo (Descargar AQUÍ):








6.6.10

Entregados os premios da segunda edición do concurso de tapas dos Rosales


No día de onte déronse a coñecer os premiados na segunda edición do concurso de tapas dos Rosales. Ante os representantes das asociacións organizadoras, a de veciños e empresarios dos Rosales, o Directore da Cámara de Comercio, señor Ortiz,e os representantes municipais Quique Tello, Margarida Vázquez e Silvia Longueira, os presentes neste acto puideron degustar os produtos máis valorados neste concurso.




A lista definitiva de premiados quedou así:

1º Premio: A Bellota, por Tosta de queixo, melón e xamón.

2º Premio: Baker Street, por Tosta de salpicón.

3º Premio: La Rosa del Desierto-Tetería, por Riaka.

Premio especial pola tapa máis valorada polos propios clientes: Adega O Chipirón.

NORABOA AOS PREMIADOS E A TODOS OS LOCAIS QUE PARTICIPARON NESTA INICIATIVA!






4.6.10

Presentado o observatorio de S8, 1ª Mostra de Cinema Periférico


A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Margarida Vázquez, inaugurou as xornadas "Observatorio", actividade incluída na programación do (S8) 1º Festival de Cinema Periférico.

Estas dúas xornadas, que se celebrarán hoxe e mañá a partir das 12:00 horas na sede da Fundación Caixagalicia, son promovidas desde a nosa Concellaría e desenvólvense paralelamente ás actividades do Festival realizadas no antigo cárcere da Coruña.


OBSERVATORIO. “ALL I WANT TO DO IS SHOW MY VIDEO”

Un dos déficits estructurais do audiovisual independente no noso país é a inexistencia dunha rede de difusión sólida e estable que permita que as obras dos creadores atopen o seu público. Así, o papel dos diferentes intermediarios -distribuidoras, espazos de exhibición e medios de comunicación- é chave para normalizar a producción e a recepción das novas prácticas artísticas.
Para examinar e paliar estas deficiencias, o (S8) Mostra de Cinema Periférico conta entre as súas actividades paralelas co Observatorio, un punto de encontro entre os creadores independentes e unha serie de iniciativas profesionais abertas á linguaxe audiovisual máis innovadora.
Os seus obxetivos son:

-Dar a coñecer aos autores novas vías para difundir a súa obra.

-Analizar o panorama da distribución e a exhibición do audiovisual independente a través dunha serie de diálogos abertos ao público con representantes de galerías, centros de arte, festivais, filmotecas, comisarios e distribuidoras.

-Establecer acordos concretos cos diferentes axentes sectoriais para promocionar a obra dos autores independentes.




Estos encontros terán lugar os días 4 e 5 de xuño na Fundación Cultural Caixa Galicia.


VENRES 4 DE XUÑO – 12.30

“Revisión e… ¿consolidación?”

Unha mesa adicada a rastrear as iniciativas destinadas á difusión do audiovisual independente no noso país e o papel que xogaron os espazos de exhibición alternativos na súa promoción e na súa consolidación. Unha análise retrospectiva que abre ao mesmo tempo interrogantes sobre a continuidade e solidez das redes establecidas.

- Gonzalo de Pedro Amatria, coordinador de programación do Festival Internacional de Cine Documental Punto de Vista

- Beatriz Navas, responsable de audiovisuais de La Casa Encendida

- Jaime Pena, responsable de programación do Centro Galego de Artes da Imaxe.

- Antonio Weinrichter, profesor universitario, crítico de cine y programador independente.

- Elena Oroz, moderadora.




SÁBADO 5 DE XUÑO – 12.00

“Do nó á rede. Novos espazos de exhibición no contexto expositivo”

O obxetivo da mesa é abrir novos espazos de exhibición e proxección para os creadores, estudando a posibilidade de crear circuitos estables financiados para este efecto. Articular un sistema onde resulta fundamental a labor das galerías, actualmente en proceso de cambio e remodelación conceptual como espazo/negocio; das feiras de arte, como grandes contedores artísticos; e as distribuidoras, como punto de encontro.

- Asunta Rodríguez, propietaria e directora da Galería Trinta, Santiago de Compostela

- Marta Scarpellini, directora da Feria Internacional de Arte Contemporáneo Espacio Atlántico Vigo

- Eli Lloveras, responsable Hamaca. Media & Video Art Distribution from Spain.

- José Manuel Sande, moderador.

Coordinadores do Observatorio: Elena Oroz e Toni Fernández





3.6.10

Vídeo sobre o a Agra, de Elizabeth Ross

A artista mexicana afincada na Agra do Orzán, Elisabeth Ross, de 5Célula arte y comunidad, realizaou este fermoso vídeo en homenaxe a un barrio, as súas xentes e, moi sinaladamente, ás e aos comerciantes que participaron no festival Paralelo 43· 21' 45''. Recomendamos o seu visionado.