Mostrando entradas con la etiqueta Banco de tempo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Banco de tempo. Mostrar todas las entradas

18.1.11

Charla/Xornada sobre búsqueda de emprego no Centro Cívico de Eirís


Desde o Banco do Tempo,e grazas a un dos nosos socios, Felipe García Rei, imos organizar conxuntamente unha charla/xornada sobre procura de emprego e como distinguirnos.

Felipe axudaranos a coñecer cales son as nosas vantaxes, as nosas características para poder sacar todo o noso potencial.

Trátase de coñecernos mellor, ser conscientes das características, que temos cada unha/ou de nós/vos, que nos poden distinguir ante unha oferta de traballo, preparar e afrontar unha entrevista de traballo, coñecer as novas técnicas que se están empregando nas entrevistas persoais, saber onde buscar emprego, como presentarnos....

Ademais tratarase un factor que todas/todos ante unha entrevista ou reunión importante: o medo. Que podemos facer con el ?, Pódenos axudar ?

Para iso animámosvos a participar nesta charla que se celebrará o día 28 de xaneiro de 17 a 19 horas. O lugar escollido é o Centro Cívico de Eirís. 

Como chegar premendo AQUÍ.

Dirección:
Rúa Frei Pedro Paio Piñeiro (CCM Eirís), s/n
15009. A Coruña.
Horarios do Centro Cívico:
Luns a venres de 09:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 21:00 h.
Sábado de 10:30 h. a 13:30 h. e de 16:00 h. a 21:00 h.
Domingo de 16:00 h. a 21:00 h.

Teléfono: 636 576 043

Se coñecedes a alguén que poida estar interesada/ou en asistir nesta charla non dubidedes en difuncirlo. O requisito é inscribirse antes do 25 de xaneiro cos seguintes datos:

• Nome e apelidos:
• Idade:
• Situación laboral actual:
• E-mail:
• Número de teléfono:

Podédelo facer vía mail en bdt@coruna.es ou chamando ao 981 18 43 56.

Encantaríanos poder contar coa vosa presenza xa que esta charla pode marcar un antes e un despois. Ídevola perder?

25.6.10

O BANCO DO TEMPO XA ESTÁ FUNCIONANDO!!!

Durante o mes de Xuño xa realizamos varios intercambios entre as socias e socios do Banco do Tempo.

Na actualidade somos 28 socias e socios que xa dispoñemos de 3 horas “de balde” para poder empezar a facer uso de todo o que nos ofrece o Banco.

Durante este mes xa realizamos varios intercambios de masaxe, sesións de coaching, conversacións en inglés, reflexoloxía, manicura e o luns realizaremos un intercambio en pequeno grupo de internet básico.

Adxuntamos tamén o boletín actualizado onde podéis ver todo o que se demanda e se ofrece no Banco do Tempo. Se che interesa intercambiar algo do que se ofrece non dubides en contactar con nós.

Anímate e faite socia ou socio do Banco do Tempo!!!!


No seguinte documento poderedes coñecer as actividades que estamos desenvolvendo (Descargar AQUÍ):








17.3.10

Un ano xa.......

Aquí vai un vídeo realizado polo noso equipo técnico para conmemorar un ano de actividades difundidas polos nosos blogs, especialmente o de Igualdade Coruña. Esperemos que vos guste!!!!




3.2.10

Comezan os obradoiros nos Centros Cívicos para a difusión do Banco de Tempo



A concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, que dirixa Margarida Vázquez Veras, comeza en diferentes Centros Cívicos da rede municipal coruñesa unha campaña de difusión do Banco de Tempo da cidade da Coruña, ao tempo que de captación de posibles usuarios e usuarias.

Durante estas charlas, de importante compoñente práctico, as persoas interesadas poderán coñecer en profundidade en qué consiste este servizo, incluído dentro do programa "Concilia os teus tempos" -no que se inclúe o Servizo de atención á infancia- que está a desenvolver a Concellaría, así como as modalidades de prestación e as casuísticas que se contemplan.

O calendario xa acordado, pendente de pechar en varios dos Centros Cívicos, é o seguinte:


Centro Cívico Municipal del Castrillón
09/02/2010
18:00 h.

Centro Cívico Municipal dos Mallos
18/02/2010
19:00 h

Centro Cívico Municipal de Rosales
22/02/2010
18:00 h.

Centro Cívico Municipal de Monte Alto
23/02/2010
17:30 h.

Centro Cívico Municipal de Monelos
24/02/2010
18:00 h.

Centro Cívico Municipal de Artesáns
25/02/2010
19:00 h.

Centro Cívico Municipal de Elviña
01/03/2010
17:00 h.

Centro de Orientación Familiar
16/03/2010
10:00 h.

Centro Cívico Municipal San Diego
17/03/2010
18:00 h.

Falta, entón, por confirmar Labañou, Palavea e o que poida ir xurdindo, segundo a demanda.

Para máis información, non dubidedes en chamar ao 981 184 356 (CIM-Centro Municipal da Muller)

15.12.09

Inaúgurase o Banco do Tempo da Coruña impulsado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá



INFO INSCRICIÓN: 981 184 356

• O OBXECTIVO É PROMOVER INTERCAMBIOS DE TEMPO E/OU COÑECEMENTOS ENTRE PERSOAS MAIORES DE IDADE SEN QUE MEDIE DIÑEIRO ALGÚN NESTES INTERCAMBIOS
• ENTRE AS TAREFAS QUE SE PODERÍAN INCLUIR NOS INTERCAMBIOS ESTÁN POR EXEMPLO ACOMPAÑAR AOS NENOS/AS AO COLEXIO, LER CONTOS OU XOGAR CON MENORES, PASAR TRABALLOS A ORDENADOR, AXUDAR A FACER DEBERES, ACOMPAÑAR PERSOAS MAIORES AO MÉDICO...
• A CONCELLEIRA DO BNG E RESPONSABLE DO ÁREA, MARGARIDA VÁZQUEZ, SULIÑOU A IMPORTANCIA DE CONTAR COA MAIOR PARTICIPACIÓN CIDADÁ POSIBLE PARA ACADAR CON ÉXITO OS OBXECTIVOS MARCADOS


A Coruña, 15 de decembro de 2009.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá o inicio do Banco do Tempo do Concello da Coruña incluido dentro do programa ‘Concilia os teus tempos’ e que contempla esta iniciativa como unha das medidas fundamentais para promover a harmonización dos tempos.
A nivel galego, a Lei da Igualdade no Traballo das Mulleres de Galicia, recolle os Bancos de Tempo coma unha estratexia vencellada coas medidas de planificación do tempo que facilitan unha organización do mesmo máis igualitaria para toda a poboación.
O Banco do Tempo da Coruña ten como obxectivo promover intercambios de tempo e/ou coñecementos entre persoas maiores de idade sen que medie diñeiro algún nestes intercambios.


O intercambio está dirixido principalmente a ofrecer e demandar servizos para resolver necesidades puntuais da vida diaria. Tales prestacións non deberán nunca ser configuradas nin asimiladas a relacións de traballo autónomo ou susceptíbeis de contratación laboral.
A unidade de intercambio é a hora, sexa cal sexa o servizo que se demanda ou se ofrece. O ámbito territorial de actuación do Banco do Tempo será a cidade da Coruña. Cada persoa adscrita será titular dunha conta corrente de tempo e disporá dun talonario persoal con cheques que deberá entregar ás persoas que lle teñan proporcionado un determinado servizo.


As persoas adscritas ao Banco do Tempo ofrecerán un determinado número de horas para realizar os servizos que desexen ofertar e deberán demandar un número de horas similar para recibir servizos ofertados por outras persoas.
Algúns exemplos de intercambios poderían ser:
• Acompañar a nenos e nenas ao colexio, ou a outras actividades.
• Ler contos ou xogar con menores.
• Acompañar a persoas maiores ao médico
• Pasar traballos a ordenador.
• Axudar a facer deberes.
• Facer a compra a persoas maiores ou doentes.
• Axudar a preparación e xestión de trámites burocráticos.
• Realizar pequenas tarefas domésticas.


• Coidar animais ou plantas.
• Facer pequenas reparacións.
• Facer unha consulta profesional.
• Pasear, acompañar ao cine, ao teatro.

Tal e como sinalou a concelleira nacionalista para acadar con éxito os obxectivos do Banco do tempo, é preciso contar coa maior participación cidadá posible, o que require promover a confianza e o coñecemento entre as persoas potencialmente usuarias, así como proporconar información clara e precisa sobre este recurso.


Nesta liña, o Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá está a desenvolver unha campaña de difusión na que establecense contactos con axentes sociais e culturais da cidade así como a planificación para o desenvolvemento de varios obradoiros informativo-formativos referidos a este recurso.

Os obxectivos que se persiguen coa posta en marcha destes talleres son proporcionar información clara e precisa aos axentes e persoas interesadas sobre a posta en marcha e o funcionamento do Banco do Tempo da cidade da Coruña, e ademais incentivar a creación un grupo inicial de persoas usuarias do Banco do Tempo.

Os obradoiros estarán dirixidos a calquer persoa interesada en formar parte do Banco do Tempo e desenvolveranse ao longo dos meses de xaneiro e febreiro do exercicio 2010, na rede de Centros Cívicos da cidade e nalgunha entidade social interesada en informar e formas aos/ás socios/as ademais de na Universidade.

Esta presentación contou coa presenza da Técnica do Concello da Coruña responsable do programa Chus Gutiérrez e unha intervención-mostra por parte de Manicómicos.