30.4.10

Portada da guía Go do mes de maio

Como dicía o amigo Xurxo......ASPECTACULAR!!!!!!!



Interior da revista



Consultar máis páxinas da revista AQUÍ.

Consultar sobre Festival AQUÍ.

Agradamos vervos pola Agra!!!!!


Paralelo 43· 21' 45''

Aquí vos deixamos o cartel, programa de actividades e localización destas dentro do Festival artístico Paralelo 43· 21' 45'' que se desenvolverá os sábados de maio no barrio da Agra, nomeadamente arredor da Rúa Barcelona e Praza das Conchiñas.










29.4.10

Comeza a promoción do camiño inglés ao seu paso pola Coruña


Quique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde do Concello da Coruña e Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, acompañado das concelleiras de Cultura, María Xosé Bravo, e Igualdade e Participación, Margarida Vázquez, así como representantes do Consorcio do Camiño Inglés, iniciou o percorrido pola Coruña que, partindo da Igrexa de Santiago, como non podía ser doutra forma, pasa pola Praza de María Pita, Rúa Real, Linares Rivas, Monelos, Eirís, ata chegar a Culleredo para dalí continuar ata Santiago de Compostela: o Camiño Inglés da Coruña, ata o de agora apenas reivindicado.



A tal efecto, o Consorcio de Turismo preparou un despregable onde os visitantes que se acheguen á nosa cidade aproveitando a celebración do Xacobeo, obxectivo de varias das campañas xa en marcha deste Consorcio coruñés, poderán coñecer algunh das marabillas urbanísticas e civís que agocha a nosa cidade. Mañá venres, encontro en Santiago de Compostela de representantes de varias destas iniciativas.



25.4.10

Primeiro Foro de Novomesoiro. Crónica


Onte celebrouse o primeiro Foro de Novomesoiro con grande afluencia de veciños e veciñas que acudiron con gana de escoitar e facerse escoitar.

Despois dunha breve introdución da Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, todas as persoas presentes dividíronse en grupos dunhas sete persoas cada un para poder traballar e poñer en común posteriormente o resultado dese traballo con máis facilidade.



Os participantes no Foro contaban cunhas fichas onde indicar a actividade que querían que se desenvolvese no Centro e, ao lado, a motivación desta proposta. Cada grupo designou unha persoa para exercer a Portavocía e, ao cabo dunha hora, o traballo destes grupos foi posto en común no plenario. Despois dunha quenda de intervencións desde o público, pasouse a pechar este primeiro Foro coa boa nova de que prácticamente todas as persoas que se achegaron onte ao Centro Cívico e Social de Mesoiro quedaron apuntadas para posteriores encontros dun Grupo de Traballo que será o encargado de efectivizar estas propostas, isto é, de aclarar definitivamente qué actividades, cándo e cómo se desenvolven.



Margarida Vázquez aclarou, ao remate, algúns aspectos do que será o funcionamento da Ludoteca e comprometeuse a efectivizar as demandas veciñais expostas durante o Foro. A Directora do Centro, Beatriz Chas, e a Técnica de Participación, Ana Enríquez, non podían ocultar a súa satisfacción sobre cómo se desenvolvera esta actividade. Un barrio exemplar e uns veciños e veciñas con ganas de crear dinámicas sociocomunitarias tan necesarias nun barrio tan novo coma este. Noraboa.

23.4.10

MOMO, a orixinalidade e o contraste no centro de Coruña


O MUAU segue o seu camiño cun acompañante moi especial e atractivo: MOMO. O Atlántico non é impedimento ningún cando se quere compartir arte. Entre charlas, obradoiros, exposición e concertos, poderemos descubrir a MOMO no centro da Coruña, rodeando o Obelisco cunha obra inédita, montada con materiais orixinais, na que despregará as cores e as formas xeométricas que a fan tan peculiar. Contraste e diverxencia á man de todos e todas a partir das 12 horas do próximo venres 23 no Obelisco da Coruña.

Esta semana o Museo Urbano de Arte Urbana (MUAU) continúa as súas actividades de formación e debate coa terceira charla-coloquio das Xornadas de Arte Urbano. Coma a semana pasada este foro de formación terá lugar no Forum Metropolitano do Concello da Coruña, que impulsa as actividades que se realizarán neste espazo.

Na charla-coloquio deste xoves 22 de abril o tema de discusión será a ética e a creación artística. E sobre el debaterán Nano4814, artista que abrangue campos creativos diversos coma o deseño, a ilustración, as intervencións na rúa e o labor en galería; Xabier Ballaz, que forma xunto con Edu Crespo o Colectivo Difusor, de Barcelona, que impulsa proxectos para promover a apropiación colectiva dos espazos públicos e María Natividad Bermejo, logroñesa residente en Pontevedra, onde dá clases na Facultade de Belas Artes.

As charlas-coloquio son de de balde e realízanse todos os xoves do mes de abril a partir das 20 horas.



O MUAU ten o pracer de contar co Estudio Alavista como invitado para dirixir o próximo obradoiro das Xornadas de Arte Urbana. O Estudio Alavista, da Coruña, está formado por Leo e Sekone, que conforman un equipo vangardista que usa o deseño, a ilustración e a rotulación como ferramentas artísticas.

Alavista impartirá o obradoiro dos próximos venres 16 e sábado 17. Aínda hai prazas libres para aquelas persoas ás que lles interese o traballo co aerosol e a vertente máis realista do graffiti.

Os obradoiros, aos que previamente hai que inscribirse realízanse todos os venres e sábados do mes de abril e o primeiro sábado de maio. O horario dos venres é de 16.30 a 20.30 horas, e o do sábado é de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30.

Os concertos do MUAU 12.0

E como non nos chega coa pintura, probamos tamén coa música. Este Museo Urbano de Arte Urbana invítavos a gozar da música de Jane Joyd de paso que contemplamos as obras de Exposición Posgraffti, xeometría e abstracción. A invitación é literal: quen queira escoitar a esta artista versátil e intensa so ten que achegarse á sede da fundación Caixa Galicia para recoller a súa invitación. Un son fresco e actual achegado ás emocións e raíces americanas escoitarase nesa sede o próximo martes 27, as 21 horas. E é so o principio da música no MUAU.

+INFO

+INSCRICIÓNS




20.4.10

FORO DE PARTICIPACIÓN VECIÑAL NO BARRIO DE NOVO MESOIRO


Este proceso busca favorecer a vertebración e cohesión da poboación que reside no barrio de Novo Mesoiro. Pretende facer isto activando “momentos” de diálogo comunitario, abertos á participación de calquera persoa interesada, e, desde logo, implicando ás asociacións e axentes comunitarios máis activos.

Para motivar a participación o proceso aproveita a próxima apertura do Centro Cívico e Social de Novo Mesoiro buscando visualizar a utilidade dos seus resultados para a comunidade. Deste xeito, o diálogo buscará identificar propostas de consenso acerca das actividades e funcións que debe desempeñar o Centro; na medida en que un dos seus obxectivos é favorecer a integración e participación da sociedade no barrio.


Data de celebración: 24 de abril de 2010. Horario: 10,30 a 13,00h.

Lugar: Centro Cívico e Social de Mesoiro.

Proceso de difusión previo:

Difusión dunha carta de convocatoria (a través de buzoneo a todos os fogares).

Colocación de cartelería en locais.

Contactación coa xente entrevistada.

Estruturación do Foro:

10,30 a 10,45 h. Recepción de visitantes.

10,45h a 11,15 h (30' aproximadamente). 1ª fase.
Benvida a cargo da Concelleira de Igualdade e Participación, e explicación do obxectivo e estruturación do Foro por parte do equipo técnico (localización: no salón de graos).

11,15 a 12,00 h (45' aproximadamente). 2ª fase.
Traballo en pequenos grupos. Serán grupos compostos, como máximo, por 10 persoas. Se o número de asistentes non é superior ás 80 persoas, poderían distribuírse polas aulas contiguas. En caso contrario, estarían localizadas no salón de graos, aproveitando a facilidade para mover as cadeiras. O obxectivo será que cada pequeno grupo debata cales son as necesidades que debera cubrir con maior prioridade o Centro Cívico e Social e remate este debate identificando actividades concretas (trátase de non dedicarse simplemente a “listar” actividades). Cada grupo elixirá un voceiro ou voceira. Como material de apoio, entregarase a participante un dossier de apoio e unha ficha para que apunte as necesidades e actividades que identifique.

12,10 h a 13,00h (1h aproximadamente). 3ª fase.
As persoas participantes volven ao salón de graos (ou colocan as sillas para un plenario). Saen á mesa os voceiros ou voceiras de cada grupo e expoñen as conclusións de cada grupo. A continuación, unha das pesoas que leva a coordinación técnica fai unha síntese do exposto e se pasa a un turno de palabras aberto.

Finalmente, solicítase ás perosoas que asisten que se inscriban, se teñen interese, para ser convocados nun grupo de traballo posterior ao Foro; que terá como misión priorizar (decidir que debera ir “primeiro”) e dar forma final (contidos máis interesantes, horarios máis axeitados, etc.) ás propostas de actividae, en función das necesidades previstas (a través dunha ou dúas xuntanzas máis).


18.4.10

Rede de Centros da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá dispón actualmente, para o desenvolvemento das súas políticas, de toda unha Rede de Centros especializados ao que se engadiron recentemente novas unidades.



En primeiro lugar, na Rúa Hortensias s/n do Barrio das Flores, o CIM-Centro de Información ás Mulleres oferta unha completa atención que comprende os apartados xurídico, psicolóxico e laboral. A maiores disto, desde estas instalacións desenvólvense diferentes programas de coeducación -obradoiros de Igualdade para o programa "Aprender en Coruña"-, corresponsabilidade, conciliación -o programa "Concilia os teus tempos" que comprende o Servizo de atención á infancia, o Banco de tempo e o Plan de programación do tempo-, programas de integración para poboación inmigrante extracomunitaria -Programa ADA- e moitas das actividades formativas e conmemorativas tanto do 8 de marzo como do 25 de novembro.



Desde o Centro Municipal do Birloque, de recente apertura, desenvólvense programas de reforzo do entramado asociativo, voluntariado -Mediación Veciñal- e Orzamentos Participativos. Tamén é un referente á hora de xestionar os contidos da nosa web de Igualdade e Participación Cidadá de moi próxima aparición.



O Centro Cívico e Social de Mesoiro, tamén denominado Centro Cívico de Novomesoiro, cunha xestión novidosa compartida entre a nosa Concellaría e a de Srvizos Sociais, conta cun espazo para a conciliación como é a súa Ludoteca ademais de desenvolver políticas de Participación Cidadá e de relación co entramado asociativo máis próximo. Para isto, levamos desenvolvido unha campaña participativa en continuo contacto cos veciños e veciñas da zona e que culminará o próximo sábado 24 de abril coa realización do I Foro Veciñal de Novomesoiro de cara á programación das diferentes actividades deste Centro.

De cara ao próximo ano está previsto inaugurarse un complexo na Agra do Orzán ao abeiro do URBANA-C da Unión Europea, que incluirá un Centro de Día, unha Escola Infantil e a Casa das Mulleres, un espazo duns 800 metros cadrados entendido como centro de referencia para a documentación e as novas tecnoloxías para as políticas de Igualdade. Este complexo estará ubicado na urbanización do Parque da Agra.



Por outra parte, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá conta cunha Rede de Acollemento para a atención de mulleres vítimas de violencia de xénero e/ou en especiais dificultades. Unha Casa de Acollida, tres pisos tutelados e unha vivenda con apartamentos forman parte desta completa Rede.



A estes Centros hai que sumar a oficina que a nosa Concellaría xestiona desde o Palacio Municipal de María Pita para aplicar políticas de proximidade cos cidadanía e os tres espazos cedidos polas Concellarías de Promoción Económoca e Emprego e Servizos Sociais no Centro de Formación e Emprego, no Centro Cívico do Castrillón e no Centro Cívico de Monte Alto onde se está desenvolvendo o noso Servizo de atención á infancia, ao que se vai sumar un novo espazo no Centro Social da Sagrada Familia.

Toda unha Rede e toda unha responsabilidade.


17.4.10

Finaliza a intervención de El Niño de las Pinturas no Ventorrillo

Aínda quedan pendentes algúns flecos, pero a parte do mural do Ventorrillo que corresponde a El Niño de las Pinturas rematou onte coa inclusión dun elemento que forma parte do escudo da Coruña e que a El Niño atraíu especialmente: a calaveira de Xerión. Unha reinterpretación da nosa historia mítica a partir do escudo da Coruña e da historia de Crunia:








15.4.10

Intervención artística de El Niño de las Pinturas e artistas locais no Ventorrillo

Dentro das actividades paralelas á programación do MUAU, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, coa imprescindible colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e a Concellaría de Seguridade Cidadá, organizou unha intervención artística de El Niño de las Pinturas (Granada) nunha obra colectiva realizada xunto con artistas locais como MUS, FLECHA, IVÁN e AISER dentro do barrio do Ventorrillo, máis concretamente na rúa Alcalde Salorio Suárez número 19, xunto á cancha de tenis e o Bar Baio. Durante toda a xornada, foron varios os medios de comunicación escritos e audiovisuais que se aproximaron a esta intervención. Un privilexio para este barrio e esta cidade, como podedes comprobar nesta reportaxe fotográfica dunha obra que se rematará mañá.


Plano central


Vista lateral dereita


Recorte da parte do mural realizada por El Niño de las Pinturas


Escaleira prestada polos veciños para axudar aos artistas


Vista do lateral dereito, pendente de remate no día de mañá


De esquerda a dereita, IVÁN e MUS, artistas locais que colaboraron na realización desta obra


Armas de construción masiva......


Revista de prensa da rolda de presentación de Posgraffiti, xeometría e abstracción













14.4.10

Posgraffiti, xeometría e abstracción na sede da Fundación Caixagalicia

A sala de prensa da Fundación Caixa Galicia acolleu a rolda de prensa de presentación da exposición ‘Posgraffifi, xeometría e abstracción’, unha actividade enmarcada no MUAU (Museo Urbano de Arte Urbana) que estes días se celebra na cidade, organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Deputación da Coruña e a Fundación Caixa Galicia.

Ao acto asistiron a concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Margarida Vázquez, a concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, a directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, o comisario da exposición, Javier Abarca, e o tamén comisario e coordinador do Festival, Xulio Vázquez.

Na rolda de prensa informouse polo miúdo dos contidos que se exhibirán nas salas da Fundación Caixa Galicia (terceiro andar) ata o mes de xuño, un percorrido inédito polas diferentes formas, épocas e tendencias da arte urbana que inclúe traballos e imaxes dalgúns dos máis importantes creadores deste eido.

Algunhas das intervencións que se poden visitar desde mañá na Fundación Caixagalicia:














Dentro da sala de exposicións poderedes interactuar coas diferentes pezas creadas por Eltono para o espazo urbano coruñés da rúa do Orzán. Unha experiencia de rehabilitación pola arte coincidente coas obras de peonalización como rehabilitación urbana. Sen ningunha dúbida, segundo indicou o comisario da exposición Javier Abarca, unha das actuacións máis importantes de toda a vida creativa de Eltono. As seguintes fotografías dan unha mostra do resultado final:





Actividades do MUAU para esta fin de semana

Niño de las Pinturas. Granada.

O MUAU do 14 ao 17 de abril

Esta semana o Museo Urbano de Arte Urbana (MUAU) continúa as súas actividades de formación e debate coa segunda charla-coloquio e os segundos obradoiros. Coma a semana pasado este foro de formación terá lugar no Forum Metropolitano do Concello da Coruña, que impulsa as actividades que se realizarán neste espazo.

As charlas-coloquio son de acceso libre e realízanse todos os xoves do mes de abril; e os obradoiros, aos que previamente hai que inscribirse AQUÍ, realízanse todos os venres e sábados do mes de abril e o primeiro sábado de maio.

Na charla-coloquio deste xoves 15 de abril debaterase sobre a arte na rúa como rexenerador social. Asisitirán Jesús Pedro Lorente, profesor da Universidade de Zaragoza e especialista en arte contemporáneo e arte na rúa, El niño de las pinturas, de Granada, que xunto con outros lugares coma Amsterdam, NY, Venezuela..., teñen a súa marca suxerinte e reflexiva e Marco Marchioni, italiano, experto en desenvolvemento comunitario.

No obradoiros do próximo venres 16 e sábado 17 traballaranse coñecementos e técnicas para aplicar escalas e traspor as obras dos bosquexos aos muros. Será impartido por El niño de las pinturas.

Niño de las Pinturas. Granada.

As biografías dos participantes están dispoñibles AQUÍ.