1.10.09

Presentación do programa de arte+parte=2




Programación arte+parte=2


Venres 30 de outubro

22:00-01:00 Proposta musical con Franc3s e Fangoria




Sábado 31 de outubro

Sala de Proxeccións:
16:30 Plan Rosebud 1: A escena do crime de Maria Ruído
18:00 Debate
18:45 Irene, a porteira de Óscar Losada
19:10 Debate
19:45 Proxecto Malawi de “Liló Producións”
20:30 Debate

Hall central

17:00-21:30 Inicio actividades e stands expositivos.
17:00-21:00 FOTOGRAFÍA : Proposta fotográfica para o público do Festival con Pequena Suricata+Exposición: Cambio de Roles
17:00-21:00 EXPOSICION DE PINTURA “Ciencia Ex-Aequo”, de Margarita Cimadevila. Presencia da autora.
17:00-21:00 AREA DE DESCANSO desenvolvida por: Ana Gallego. Arquitecta
18:00-19:30 Taller de comic a cargo de Emma Ríos
19:00-19:30 Representación Danza-Teatro Asociación Intramuros: Mozas 10 Espectáculo “Camiñando”. Coordinadora: Carlota Pérez
19:30-21:30 Obradoiro de graffitti: a artista NADA (Iria Fafián Alonso) realizará en directo unha obra e, ao mesmo tempo, desenvolverá un obradoiro onde o público asistente poderá, á súa vez, realizar outra obra-mural. Na zona de exposicións tamén poderá contemplarse a obra publicitaria do Festival que Nada realizará durante a rolda de prensa do día 30 de setembro.
19:30-21:00 Mesa redonda de encontro de artistas co público: Nesa Mesa, moderada por Anxela Caramés, coñeceremos de primeira man a experiencia artística de Ana Gallego, Margarita Cimadevila, Pilar Mingote, Lucía Roche e Luciana Touceda.
21:45-01:30 Proposta musical con Sevigny, Silvia Penide e Anni B. Sweet


21.9.09

Trocando peles......


Dende a Ong Acsur-Galiza estase a poñer en marcha o proxecto "TROCANDO PELES". Este é un proxecto que ten por obxecto contribuír á emancipación da poboación inmigrante e sensibilizar a alumnado e profesorado galego sobre dereitos humáns, cidadanía e interculturalidade.

O proxecto está baseado na metodoloxía do Teatro do Oprimido de Agosto Boal e que constitúe a base do teatro social actual. Esta metodoloxía permite crear un espazo de traballo no que as persoas migrantes darán forma ós conflictos que viven coa sociedade galega e partir deste material construir unha obra de Teatro Forum.

Para isto, convocamos a todas as persoas inmigrantes interesadas, así como a profesionais do eido social, educativo, cultural, e persoas interesadas no teatro en xeral a participar desta experiencia.

Organizarase un obradoiro de Teatro do Oprimido, aberto a todo o público interesado e gratuíto, que proporcionará ás persoas participantes o coñecemento básico desta metodoloxía teatral.

Existen dúas posibilidades a elexir entre as dúas datas previstas:

- Primer obradoiro: 2,3 e 4 de octubro. (Inscripción ata 25 de septembro)

- Segundo obradoiro: 16,17,18 de octubro (Inscripción ata 9 de octubro)

Nunha segunda fase, as persoas que teñan interés e que realizaron o obradoiro, poderán participar na producción dunha obra de Teatro Forum.
Esta obra estaría destinada á sensibilización social e sería representada a partir de febreiro de 2010.

Gustarianos contar coa vosa participación e colaboración para difundir esta convocatoria

Gracias e esperamos as vosas respostas.
Para información e inscripcións: 981717122 ou 637776211



27.8.09

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá realizou un total de 92 obradoiros en centros escolares nos que participaron 1.800 rapaces e rapazas



• NESTE NOVO CURSO A CONCELLARÍA AMPLÍA A OFERTA CUN OBRADOIRO SOBRE FEMINISMO E IGUALDADE DE TRATO E OPORTUNIDADES E UNHA ACTIVIDADE DE EXPO-FORUM

A Coruña, 26 de agosto de 2009.- Un total de 1.792 rapaces e rapazas de 23 centro educativos da cidade participaron durante o pasado curso escolar nos 92 obradoiros realizados dentro do Programa educativo de Igualdade impulsado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez enmarcado dentro do programa municipal ‘Aprende en Coruña’.

Os obradoiros que se realizaron durante o pasado curso foron os seguintes:

- Educación para Igualdade e a Convivencia: ‘Diferentes pero iguais’- traballarase na adquisición de valores e actitudes conducentes á igualdade de trato e oportunidades entre as nenas e os nenos.

- Educación para a igualdade de Xénero na preadolescencia: ‘Catro dones para a igualdade’: o obxectivo xeral céntrase en promover valores e actitudes igualitarios e non discriminatorios por razón de sexo/xénro que contribúan a sentar as bases dunha convivencia en igualdade.
- Sensibilización para a prevención da violencia de xénero: ‘Somos dous, eu tamén conto’- a finalidade é facilitar a toma de conciencia dos/as adolescentes respecto dunha problemática social como é a violencia de xénero.

- Educación afectivo-emocional e sexual: ‘tantas cores como afectos’- trátase de habilitar un espazo onde poder abordar con liberdade e nun clima de confianza aspectos vencellados á afectividade e á sexualidade, aportando información e promovendo actitudes preventivas e saudábeis desde unha perspectiva de xénero.

Outra das actividades incluidas neste programa era a exposición intinerante ‘Desenfocadas: imaxe feminina nas revistas dirixidas ás rapazas novas’ que o longo do ano visitou os centros IES Rafael Dieste, IES Rafael Puga Ramón (cunha visita guiada na que participaron 68 mozos e mozas) e o IES Monelos ademáis do centro Cívico Labañou e o Centro Xuvenil Abeiro.
A oferta de obradoiros e actividades amplíase para o curso 2009-10

De cara o próximo curso escolar que está a piques de comezar a Concellaría de Igualdade ofertará novamente estes obradoiros e para elo abrirá o próximo 15 de setembro o prazo de inscripción ata o 15 de outubro.

A oferta deste ano suma aos obradoiros ofertados o ano pasado, un máis dirixido a alumnos e alumnas de bacharelato e que baixo o nome ‘Feminismo e Igualdade de trato e oportunidades: realmente xa somos iguais?’ busca visibilizar o papel das mulleres na historia, facendo especial fincapé, e de xeito transversal ao longo de todo o obradoiro, no papel das mulleres galegas.

No obradoiro contextualizarase o xurdimento e evolución dos movementos feminiastas rompendo os mitos e concepcións negativas sobre a natureza, obxectivos e logros. Tratarase de visibilizar as dobles e triples opresións que sofren as mulleres cando se analiza o cruce de xénero coa clase social, a procedencia ou nacionalidade así como os xeitos específicos destas opresións polo feito de ser mulleres.

Así, nun contexto de igualdade formal, buscarase que os/as participantes agudicen a ollada crítica para identificar os xeitos que seguen vixentes respecto á discriminación feminina e as novas formas que adopta o machismo e o patriarcado nas sociedades occidentais.
Este ano o programa contará novamente coa exposición itinerante ‘Desenfocadas: imaxe feminina nas revistas dirixidas a rapazas novas’ a que se suma a actividade de Expo-forum sobre o traballo visíbel das coruñesas dos séculos XVIII á primeira metade do XX gracias a dixitalización da documentación do Arquivo Municipal.