19.1.10

Algunhas fotos da nosa visita ao Centro Cívico e Social de Mesoiro

Aquí vos deixamos un simple avance do que será o novo Centro Cívico e Social de Mesoiro. Un lugar pensado para compartir e que será, de certo, un orgullo para todas e todos os veciños da zona. En especial, os veciños de NOVOMESOIRO.
En próximos días avanzaremos novidades en canto programación do Centro, actividades da Ludoteca -integrada dentro do Servizo de Atención á Infancia do Concello da Coruña- e moitísimo máis.
A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá está a facer unha recollida de propostas entre os veciños e veciñas de cara a formalizar unha programación ao gusto dos seus usuarios potenciais.
Vista da entrada principal ao Centro. A estética colorista e o impacto que produce a sobrealtura do módulo central, onde se ubica a recepción e o salón de actos, dan a benvida aos usuarios. Á esquerda, adivíñase parte da Ludoteca. Á dereita, a Sala de Lectura. As dúas, con luz natural garantida.
Lateral norte do edificio. A esta parte dan os aseos, os vestiarios, o almacén e, ao fondo -por onde se divisa a entrada- a Sala Dobre de Usos Múltiples e a Sala de Lectura.
Módulo exterior esquerdo, segundo se mira de frente, do edificio. É o lugar que ocupa a impresionante Ludoteca. Ésta conta con entrada desde o propio centro e exterior. Á súa vez, aseos adaptados e despacho para atender aos pais e nais destes pequenos usuarios.
Entrada independente e exterior da Ludoteca, que xa vos comentamos na foto anterior. Posibilita programar actividades exclusivas neste espazo, sen afectar ao conxunto do Centro. Tamén permite saír para desfrutar do Patio descuberto que actúa como Hall aberto...por se sae o sol.
Verxa exterior e módulo correspondente á Sala de Lectura.
Segundo entramos, o Salón de Actos recibe, magnífico, ao visitante. Faltan, evidentemente, as cadeiras. Tamén contará cun panel pregable que permitirá pechalo ou abrilo a convenencia.
Vista do Salón de Actos desde o escenario.
Chamaronnos moitísimo a atención estes elementos dos aseos masculinos. Con tapa e todo.....
Esta é a Sala Dobre de Usos Múltiples. Aínda que non se pode apreciar ben na foto, disporá dun panel corredeiro que pode dividir o espazo en dúas partes iguais ou abrilo totalmente, como está agora.
En fin, que estamos desexando comezar a traballar!!!!!! Nos próximos días, incluiremos máis fotos e novas relativas ao seu funcionamento.

7.1.10

Convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña

A Concellaria de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña informa da convocatoria de subvencións da Deputación Provincial da Coruña dirixidas a entidades e asociacións veciñais, co obxectivo de mellorar a xestión e organización de actividades das mesmas, así coma o seu equipamento.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro día 1 de febreiro, e poden optar ás axudas económicas ofertadas todas as asociacións e comunidades veciñais, tanto as legalmente constituídas coma as que non o estean, sempre que carezan de fins de lucro e realicen as actividades ou as obras na provincia da Coruña.
Trátase dunha boa oportunidade para a dinamización das entidades veciñais, o desenvolvemento de novas actividades e cursos, ou a mellora do seu equipamento.
Para máis información ao respecto, achegamos o enlace ao texto completo das bases da convocatoria.


21.12.09

Éxito absoluto de Mercanatura!!!!!

Deixámosvos aquí as fotos e o enlace ao blog da Asociación Veciñal dos Rosales onde poderedes seguir a reportaxe relativa á celebración de Mercanatura. Un grande éxito, tanto de público como de vendas. Para o terceiro sábado de xaneiro cóntase con máis expositores. Alí nos veremos!!!!!

Reportaxe fotográfica completa AQUÍ.


















16.12.09

O barrio dos Rosais acollerá o vindeiro sábado a primeira feira de productos ecolóxicos ‘Mercanatura’



 A INICIATIVA PARTIU DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DOS ROSAIS E CONTA COA COLABORACIÓN DAS CONCELLARÍAS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
 TRÁTASE DUNHA INICIATIVA PIONEIRA COA QUE NON SÓ SE BUSCA DINAMIZAR O BARRIO SENÓN TAMÉN APOIA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA DA CIDADE AO TEMPO QUE SUPÓN UNHA APOSTA POLA CALIDADE E O CONSUMO RESPONSABLE

A Coruña, 16 de decembro de 2009.- O vindeiro sábado 19 de decembro o barrio dos Rosais acollerá a primeira edición da feira de productos ecolóxica ‘Mercanatura’, iniciativa coa que se busca non só fomentar o autoconsumo no barrio senón tamén atraer novos clientes procedentes de fora do barrio ou mesmo animar a outros comerciantes e profesionáis a instalarse nesta zona da cidade.
Esta iniciativa naceu da Asociación de Veciños coa finalidade de dinamizar ao barrio de Los Rosales tanto a nivel económico como social e conta coa colaboración e apoio das concellarías de Promoción Económica e Participación Cidadá. Así, o Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello e a Concelleira de Participación Cidadá, Margarida Vázquez acompañados polo presidente da asociación de veciños, Fernando Carrillo, presentaron este mercado pioneiro na cidade co que se apostas por unha volta á terra, ao natural, pola calidade sen aditicos, con garantías, das máns do productor ou artesán directamente ao consumidor.




O Primeiro Tenente de Alcalde suliñou a importancia deste tipo de actividades de cara a mellorar a actividade económica non só do barrio senón de toda a cidade ao tempo que se aposta pola calidade de productos e o consumo responsable. Unha iniciativa que o nacionalista Henrique Tello calificou de “absolutamente atinada” tendo en conta ademais as datas nas que se inagurará, o fin de semana anterior ao Nadal.
A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, destacou pola súa banda o enclave extraordinario para esta feira como é o barrio dos Rosais e que permitirá impulsar un tipo de agricultura no que se une o entorno rural e o urbano a través duns productos de calidade.
O presidente da asociación veciñal explicou que o Mercanatura nace coa pretensión de ir medrando en cada unha das súas edicións. O arranque será o vindeiro sábado 19 de decembro onde ata 30 productores ofreceran os seus productos.
Este mercado celebrarase todos os terceiros sábados de cada mes en horario será de 10.00 a 15.00 horas poidendo ampliar ata ás 21.00 horas en verán e ocasións especiais. Os postos estarán situados na rúa Alcalde Suárez Ferrín baixo os soportais para protexer da choiva.
Poderán participar postos que representen a gastronomía da nosa terra, mesmo postos de degustación como pulpeiras, asadores... ademais o mercado contará tamén con artesanía e tamén según comentou o presidente veciñal está aberta a productos textis sempre que se produzan de feito natural e empreguen materiais naturais como lino ou algodón.




Durante a xornadas de celebración da feira o barrio contará con diversas actividades paralelas con representacións na rúa, malabares, talleres infantis e para adultos, concertos, charlas, convefrencias. Ademais, os establecementos hosteleiros da zona ofrecerán tapas elaboradas con productos de tempada e ecolóxicos para apoiar a celebración desta feira.