26.2.10

FOTO DE ESQUERDA A DEREITA: Soledad Pite, Emilia Salgueiro; Cruz Pérez Rubido, Margarida Vázquez, Yolanda Ferrer, Julia Ares, Dorda, Jose Luis Rey, Fina Mantiñan, Josefina Cerviño, Carmen Senande, Anne Heyvaert , Maria Xose Bravo, Soledad Penalta, Luisa Valdes e Aurichu.


Onte inaugurouse a esposición MulleresxMulleres, exposición colectiva que conta coas pezas que dezasete artistas realizaron para lembrar e recuperar a memoria doutras tantas mulleres protagonistas da nosa historia. Estará ata o 25 de marzo na Casa da Cultura Salvador de Madariaga. Esta exposición organizouse pola Concellaría de Cultura atendendo á próxima celebración do 8 de marzo, día internacional das mulleres. Para tal fin, a presentación contou coa presenza de María Xosé Bravo, responsable de cultura do Concello da Coruña, e Margarida Vázquez Veras, responsable do departamento de Igualdade e Participación Cidadá. Por parte de Servizos Sociais, destacar a asistencia de Silvia Longueira.

Temos que destacar o impresionante traballo de Jose Luis Rey en canto ao deseño desta exposición, destacando o uso duns veos que acotan os espazos independentes de cada obra mais permiten, a un tempo, integralas unhas coas outras. Este será tamén o responsable do deseño da exposición "Visibilidade", organizada pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, que se inaugurará o próximo 8 de marzo ás 19:30 horas na sala de exposicións de María Pita. Estamos xa impacientes!!!!!

Deixámosvos aquí unhas fotos do acto inaugural que vivimos onte.








20.2.10

Fotos e vídeos da terceira edición de Mercanatura

Podemos comezar dicindo que o tempo non acompañou, como estaba xa advertido, mais os ánimos das persoas que prepararon con tanto mimo esta cita tampuco decaeu. Parabéns á Asociación e, sobre todo, a Fernando e Esther.

Non vos perdades esta reportaxe gráfica con vídeos incluídos. Teremos baile coreografiado, visitas oficiais de representantes municipais -Losada, Tello, Margarida e Lareo- e dous pallasos moi particulares!!!!!


A comparsa do barrio sae do Centro Cívico e comeza a colocarse de cara á súa actuación.


Organizando.....



Quique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde, e Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación, observan atentamente os movementos previos da comparsa. Vai frío e ameaza chuvia.


O esperado desfile. Michael Jackson in memoriam......



O fotógrafo "oficial" da Asociación de Veciños saca toda a súa artillería. Un indio, un punki e un bucaneiro andan á espreita.


Os soportais abarrotados pola chuvia. O Alcalde, xunto con Esteban Lareo, atópase con Quique Tello e Margarida. Unha pallasa moi especial adícanos un baile.



Os responsables de todo isto, Fernando e Esther, esteban moi contentos.



Sae a primeira tanda de filloas solidarias preparada polos alumnos da Escola de Hostelería San Juan, da Coruña. Estaban ben boas.


En definitiva, que todo estivo moi ben. A segunte ocasión esperemos contar con mellor climatoloxía. Xa para daquela estará próxima a primavera. Ah...e probamos o polbo na carpa da "Pulpeira de Melide"!


19.2.10

Impacto nos medios de comunicación da edición de Mercanatura que se celebrará mañá nos Rosales




Reproducimos aquí os enlaces relativos aos medios de comunicación onde atopamos información relativa á terceira edición de Mercanatura, que se celebrará mañá sábado a partir das 10:30. Esperamos vervos por alí!!!!



18.2.10

Terceira edición de Mercanatura

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá e a Asociación de Veciños dos Rosales presentan unha edición máis, a terceira xa, da Feira de produtos ecolóxicos e naturais Mercanatura, que se celebrará este sábado 20 de 10:30 a 15:00 horas nas proximidades da Praza Elíptica. Esta edición estará capitalizada polas celebracións de entroido que estamos a celebrar estes días na nosa cidade e comarca.

Para tal fin, achegamos o programa que está previsto desenvolver ao longo desa mañá.


Programación:


10.30 h.: apertura de Mercanatura.

11.00 h.: Obradoiros de disfraces e maquillaxe. (Trataríase de axudar aos nenos a confeccionar disfraces de froitas, verduras e animais a partir de bolsas plásticas, cartulinas e papeis de cores, así como de maquillalos adecuadamente).

12.00 h: apertura do stand de venda da “Filloa Solidaria” (cuxos beneficios van destinados aos damnificados do terremoto de Haití), a cargo de alumnos da Escola de Hostelería San Javier, da Coruña.

12.00 h.: concentración das comparsas na entrada da Praza Elíptica e inicio do desfile pola r/ Manuel Azaña ata a r/ Rodríguez Castelao (e volta á Praza Elíptica).

13.00 h.: rota do tapeo carnavaleiro e verbena amenizada polo Dúo Café.

15.00 h.: clausura de Mercanatura e da festa.


Nota: de contar cunha climatoloxía propicia todos os actos festivos terían lugar na Praza Elíptica. De no ser así, pasarían a celebrarse no Centro Cívico.

Temos que sinalar o agradecemento dos organizadores á Escola de Hostelería San Javier por ter "cedido" dous alumnos para a realización das filloas solidarias de cara a paliar, na medida do posible, as necesidades das persoas damnificadas polo desastre de Haití.

Aula de cata da Escola de Hostelería San Javier

17.2.10

Unha das candidaturas á Xunta Directiva do Colexio de Avogados da Coruña está formada integramente por mulleres


Tal e como adiantou onte o Ideal Gallego, de entre as tres candidaturas presentadas para as eleccións á Xunta Directiva do Colexio de Avogados da Coruña, onde se inclúe a elección do Decanato, unha delas estaría formada única e exclusivamente por mulleres. Reproducimos un extracto da noticia onde se explica o por qué desta casuística:

"En femenino > Por su parte, las integrantes de “El hall del juzgado” cuentan con una baza añadida, la de ser la primera candidatura íntegramente femenina. “Nos vemos como un motor que necesita la abogacía. Gente nueva, proyectos nuevos, motivaciones nuevas...”, adelanta la candidata a decana.

Como admite Novoa, cuando comenzaron a perfilar su proyecto, el equipo estaba abierto a todo tipo de apoyos, pero resultaron ser las mujeres las únicas que se decidieron a “tirarse a la piscina”, si bien intentan representar a todos los profesionales del ente".

As eleccións serán o próximo día 10 de marzo, data moi próxima á celebración do 8 de marzo, día internacional das mulleres.

Agardamos, en todo caso, que o resultado destas eleccións sexa o mellor para o funcionamento deste Ilustre Colexio.