30.4.10

Portada da guía Go do mes de maio

Como dicía o amigo Xurxo......ASPECTACULAR!!!!!!!



Interior da revista



Consultar máis páxinas da revista AQUÍ.

Consultar sobre Festival AQUÍ.

Agradamos vervos pola Agra!!!!!


Paralelo 43· 21' 45''

Aquí vos deixamos o cartel, programa de actividades e localización destas dentro do Festival artístico Paralelo 43· 21' 45'' que se desenvolverá os sábados de maio no barrio da Agra, nomeadamente arredor da Rúa Barcelona e Praza das Conchiñas.










29.4.10

Comeza a promoción do camiño inglés ao seu paso pola Coruña


Quique Tello, Primeiro Tenente de Alcalde do Concello da Coruña e Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, acompañado das concelleiras de Cultura, María Xosé Bravo, e Igualdade e Participación, Margarida Vázquez, así como representantes do Consorcio do Camiño Inglés, iniciou o percorrido pola Coruña que, partindo da Igrexa de Santiago, como non podía ser doutra forma, pasa pola Praza de María Pita, Rúa Real, Linares Rivas, Monelos, Eirís, ata chegar a Culleredo para dalí continuar ata Santiago de Compostela: o Camiño Inglés da Coruña, ata o de agora apenas reivindicado.



A tal efecto, o Consorcio de Turismo preparou un despregable onde os visitantes que se acheguen á nosa cidade aproveitando a celebración do Xacobeo, obxectivo de varias das campañas xa en marcha deste Consorcio coruñés, poderán coñecer algunh das marabillas urbanísticas e civís que agocha a nosa cidade. Mañá venres, encontro en Santiago de Compostela de representantes de varias destas iniciativas.



25.4.10

Primeiro Foro de Novomesoiro. Crónica


Onte celebrouse o primeiro Foro de Novomesoiro con grande afluencia de veciños e veciñas que acudiron con gana de escoitar e facerse escoitar.

Despois dunha breve introdución da Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, todas as persoas presentes dividíronse en grupos dunhas sete persoas cada un para poder traballar e poñer en común posteriormente o resultado dese traballo con máis facilidade.



Os participantes no Foro contaban cunhas fichas onde indicar a actividade que querían que se desenvolvese no Centro e, ao lado, a motivación desta proposta. Cada grupo designou unha persoa para exercer a Portavocía e, ao cabo dunha hora, o traballo destes grupos foi posto en común no plenario. Despois dunha quenda de intervencións desde o público, pasouse a pechar este primeiro Foro coa boa nova de que prácticamente todas as persoas que se achegaron onte ao Centro Cívico e Social de Mesoiro quedaron apuntadas para posteriores encontros dun Grupo de Traballo que será o encargado de efectivizar estas propostas, isto é, de aclarar definitivamente qué actividades, cándo e cómo se desenvolven.



Margarida Vázquez aclarou, ao remate, algúns aspectos do que será o funcionamento da Ludoteca e comprometeuse a efectivizar as demandas veciñais expostas durante o Foro. A Directora do Centro, Beatriz Chas, e a Técnica de Participación, Ana Enríquez, non podían ocultar a súa satisfacción sobre cómo se desenvolvera esta actividade. Un barrio exemplar e uns veciños e veciñas con ganas de crear dinámicas sociocomunitarias tan necesarias nun barrio tan novo coma este. Noraboa.

23.4.10

MOMO, a orixinalidade e o contraste no centro de Coruña


O MUAU segue o seu camiño cun acompañante moi especial e atractivo: MOMO. O Atlántico non é impedimento ningún cando se quere compartir arte. Entre charlas, obradoiros, exposición e concertos, poderemos descubrir a MOMO no centro da Coruña, rodeando o Obelisco cunha obra inédita, montada con materiais orixinais, na que despregará as cores e as formas xeométricas que a fan tan peculiar. Contraste e diverxencia á man de todos e todas a partir das 12 horas do próximo venres 23 no Obelisco da Coruña.

Esta semana o Museo Urbano de Arte Urbana (MUAU) continúa as súas actividades de formación e debate coa terceira charla-coloquio das Xornadas de Arte Urbano. Coma a semana pasada este foro de formación terá lugar no Forum Metropolitano do Concello da Coruña, que impulsa as actividades que se realizarán neste espazo.

Na charla-coloquio deste xoves 22 de abril o tema de discusión será a ética e a creación artística. E sobre el debaterán Nano4814, artista que abrangue campos creativos diversos coma o deseño, a ilustración, as intervencións na rúa e o labor en galería; Xabier Ballaz, que forma xunto con Edu Crespo o Colectivo Difusor, de Barcelona, que impulsa proxectos para promover a apropiación colectiva dos espazos públicos e María Natividad Bermejo, logroñesa residente en Pontevedra, onde dá clases na Facultade de Belas Artes.

As charlas-coloquio son de de balde e realízanse todos os xoves do mes de abril a partir das 20 horas.



O MUAU ten o pracer de contar co Estudio Alavista como invitado para dirixir o próximo obradoiro das Xornadas de Arte Urbana. O Estudio Alavista, da Coruña, está formado por Leo e Sekone, que conforman un equipo vangardista que usa o deseño, a ilustración e a rotulación como ferramentas artísticas.

Alavista impartirá o obradoiro dos próximos venres 16 e sábado 17. Aínda hai prazas libres para aquelas persoas ás que lles interese o traballo co aerosol e a vertente máis realista do graffiti.

Os obradoiros, aos que previamente hai que inscribirse realízanse todos os venres e sábados do mes de abril e o primeiro sábado de maio. O horario dos venres é de 16.30 a 20.30 horas, e o do sábado é de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30.

Os concertos do MUAU 12.0

E como non nos chega coa pintura, probamos tamén coa música. Este Museo Urbano de Arte Urbana invítavos a gozar da música de Jane Joyd de paso que contemplamos as obras de Exposición Posgraffti, xeometría e abstracción. A invitación é literal: quen queira escoitar a esta artista versátil e intensa so ten que achegarse á sede da fundación Caixa Galicia para recoller a súa invitación. Un son fresco e actual achegado ás emocións e raíces americanas escoitarase nesa sede o próximo martes 27, as 21 horas. E é so o principio da música no MUAU.

+INFO

+INSCRICIÓNS