11.2.11

INICIO DO SEGUNDO CURSO DE FORMACIÓN EN MEDIACIÓN VECIÑAL


O pasado día 4 de febreiro deu comezo o segundo curso formativo para a capacitación de mediadores e mediadoras que se incorporarán ao equipo de voluntariado do Programa Convive para a resolución pacífica de conflitos veciñais.

O programa formativo, cunha duración total de 40 horas e unha metodoloxía eminentemente práctica, impártese nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, finalizando no mes de abril.
Os contidos do curso inclúen temáticas indispensables de abordar no ámbito da mediación: estilos de resolución, dinámica do conflito, comunicación, emocións, aptitudes sociais, interculturalidade ou coñecementos da Ley de Propiedad Horizontal. Todas as sesións son impartidas por profesionais altamente cualificadas e cunha dilatada experiencia neste novidoso campo de actuación.

Un total de 15 persoas farán este segundo curso, subliñando que todas elas son mulleres. Estudantes de dereito, educación social ou psicoloxía e profesionais de diferentes ramas sociais compoñen o alumnado deste grupo que reforzará nos próximos meses o equipo do Programa Convive, posibilitando unha maior flexibilidade e mellor capacidade de atención á cidadanía.

2.2.11

Imaxes do noso Centro do Birloque para a participación cidadá

Desde este Centro estan a desenvolver programas tan interesantes como o Programa CONVIVE para a mediación veciñal, así como accións formativas dirixidas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Tamén se atenden numerosas consultas veciñais en relación coa convivencia. A Guía para a convivencia nas comunidades veciñais distribúese desde este Centro. Un gran traballo do noso equipo técnico.

Está ubicado na Avenida Glasgow, 10. O Birloque. 15008. A Coruña
Teléfono: 981 189 869