11.2.11

INICIO DO SEGUNDO CURSO DE FORMACIÓN EN MEDIACIÓN VECIÑAL


O pasado día 4 de febreiro deu comezo o segundo curso formativo para a capacitación de mediadores e mediadoras que se incorporarán ao equipo de voluntariado do Programa Convive para a resolución pacífica de conflitos veciñais.

O programa formativo, cunha duración total de 40 horas e unha metodoloxía eminentemente práctica, impártese nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, finalizando no mes de abril.
Os contidos do curso inclúen temáticas indispensables de abordar no ámbito da mediación: estilos de resolución, dinámica do conflito, comunicación, emocións, aptitudes sociais, interculturalidade ou coñecementos da Ley de Propiedad Horizontal. Todas as sesións son impartidas por profesionais altamente cualificadas e cunha dilatada experiencia neste novidoso campo de actuación.

Un total de 15 persoas farán este segundo curso, subliñando que todas elas son mulleres. Estudantes de dereito, educación social ou psicoloxía e profesionais de diferentes ramas sociais compoñen o alumnado deste grupo que reforzará nos próximos meses o equipo do Programa Convive, posibilitando unha maior flexibilidade e mellor capacidade de atención á cidadanía.

1 comentario:

  1. hOLA!!
    Vivo en Sada, pero me gustaría mucho hacer un curso de estos , ¿qué debo hacer? ¿dónde debo acudir? ¿puedo hacerlo aunque viva en Sada?
    Muchas gracias y enhorabuena por todo vuestro trabajo.

    ResponderEliminar